Uncategorised 28th junio 2018

O Grupo de Baile e Gaitas Santaia ofrece o vindeiro sábado en Santa Cruz un novo espectáculo etnográfico

by Victor Lamela

A pista polideportiva de Meixonfrío (Santa Cruz – Oleiros) acollerá o vindeiro sábado, 30 de xuño, ás 22.00 horas, o espectáculo etnográfico “Romeiros”, que porá en escena o Grupo de Baile e Gaitas Santaia e no que participarán en torno a oitenta músicos e bailadores de tódalas idades, pertencentes á formación cultural oleirense.

Baixo a dirección artística do profesor de baile, José Luis Vázquez Rosales, e coa participación activa das diferentes seccións do grupo (gaita, a cargo de Francisco Longueira; percusión, de Alex Ruiz; e pandeireta, de Sonia Reborido), o espectáculo dará comezo ás 22.00h. Nesta ocasión, a formación de música e baile tradicional pretende achegarse a algunhas das principais romarías de Galicia, trasladando ao público ao século XIX e principios do XX.

2017, casamento de Ramón e Palmira

Na edición anterior, no ano 2017, o casamento de Ramón e Palmirafoi o eixo arredor do que xiraba unha historia na que se mesturaba a tradición musical de Galicia coa recreación dos usos que rodeaban un dos fitos sociais máis importantes na vida das persoas: o casamento.

A %d blogueros les gusta esto: