Exposición 2nd diciembre 2018

O Laboratorio Cidadán da Coruña promove un taller para elaborar un mapa de iniciativas de innovación veciñais

by Victor Lamela

​​O Centro Ágora acollerá, os días 14 e 15 de decembro, oTaller de Mapeo. Cartografía de colectivos e iniciativas cidadás,​ un obradoiro gratuíto e aberto á veciñanza que pretende localizar e dar a coñecer os proxectos de innovación impulsados pola cidadanía no termo municipal. O taller, promovido polo proxecto Innovación Ciudadana da Secretaría General Iberoamericana, conta co apoio da Concellería de Participación e Innovación Democrática a través do Laboratorio Cidadán da Coruña.

“O taller continúa a liña de traballo do Co-Lab e pretende poñer en valor as experiencias, espazos e iniciativas urbanas de innovación que nacen da propia acción cidadá”, explica a edil Claudia Delso. A concelleira avanza que o obradoiro tamén abordará a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible na cidade a través das propostas veciñais tanto no plano analóxico, mediante o taller de mapeo, coma no dixital, incluíndo os proxectos na plataforma interactiva CIVICS, “que pretende xerar unha cartografía global destas prácticas para articular colaboracións internacionais”. “Coa inclusión nesta plataforma, as iniciativas de innovación impulsadas pola veciñanza da Coruña estarán vinculadas con máis de 4.000 accións cidadás localizadas en 30 municipios de toda Iberoamérica”, apunta Delso.

O ​Taller de Mapeo d​ esenvolverase na tarde do venres 14, de 16.00 a 20.00 horas, e o sábado 15 de 10.00 a 14.00 horas. Para máis información e inscricións, pódese visitar a páxina web https://www.innovacionciudadana.org/taller-de-mapeo-e-las-iniciativas-ciudadanas-de-a-coruna/​.

A %d blogueros les gusta esto: