Uncategorised 09/07/2020

O Máster de Videoxogos da Universidade da Coruña e a asociación Videoxogo.gal organizan o encontro de desarrolladores “Meninas jam”

by Victor Lamela

O Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Universidade da Coruña xunto coa asociación Videoxogo.gal organizan o encontro virtual de desarrolladores “Meninas jam” co obxectivo de crear un ou máis videoxogos nun curto período de tempo.

A organización, o profesorado do máster da UDC que se imparte na Escola Politécnica Superior, no Campus de Ferrol, e a asociación plantexan esta iniciativa para fomentar o espírito creativo e o interese polo desenvolvemento de videoxogos. Esta Game jam leva o nome de Meninas “como homenaxe ao evento iniciado en Ferrol polo pintor Eduardo Hermida, que se converteu nun referente artístico e cultural nunha cidade que inspira algúns dos temas propostos para a creación dos xogos”, segundo explica a docente Luz Castro.

A Game jam comezará o 18 de xullo coa elección do tema dos videoxogos que se van crear. O 25 deste mes é a data límite para subir as propostas de xogos que un xurado valorará e votará o día 31, para dar por finalizado o evento ao día seguinte.

A Universidade da Coruña conta cunha importante oferta para a formación de profesionais orientados á industria dos videoxogos. En 2018 puxo en marcha o Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, un máster público e oficial de dous anos de duración que se imparte na Escola Politécnica Superior do Campus de Ferrol. No ano 2019 implantouse o Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Esta jam está coorganizada xunto con http://videoxogo.gal/, a Asociación Galega de videoxogos e Contidos Interactivos. Nacida en 2018, esta entidade reúne ás empresas, desarrolladores e outros axentes galegos do sector dos videoxogos e ten como obxectivo potenciar a industria dos contidos interactivos en Galicia.

Máis información na web do evento: https://meninasjam.wordpress.com

A %d blogueros les gusta esto: