coruna 02/08/2015

O Noroeste abre o seu formato estendido con nove actuacións en tres enclaves urbanos

by Victor Lamela

O Festival Noroeste estrea o seu formato estendido, que amplía de dous a cinco os días de concertos e de un a catro os escenarios das actuacións, que tamén medran en número de forma considerable, ata alcanzar as 31 bandas, das cales 17 son locais. O Noroeste mantén os habituais concertos na praia de Riazor, onde tocarán as bandas Sidonie e Los Planetas (xoves, 6), e León Benavente e Mando Diao (venres,7), e engade outros espazos máis reducidos como son a praza das Bárbaras, San Nicolás e o castelo de San Antón, que, entre hoxe á e o mércores, acollerán 27 actuacións para un aforo máis reducido. A pesares da ampliación do cartel, o Goberno local logrou nesta edición reducir os custos do festival de forma considerable, ata conseguir un aforro de máis de 60.000 euros na contratación dos grupos respecto ao ano 2014.

Este novo Noroeste Expandido ábrese mañá, ás 19.00 horas, nas Bárbaras co recital do cantautor acústico Jaime Fifthring, ao que seguirán Félix Arias (20.00 horas), Luis Moro & The Tribeca’s Band (21.00 horas) La Bien Querida (22.15 horas). En paralelo, pasarán por San Nicolás as bandas coruñesa The Sonic Headlight (20.15 horas) e The Kanaloas (21.15 horas), Familia Caamagno (22.15 horas) e Pablo Und Destruktion (23.30 horas). O castelo de San Antón será escenario da actuación, ás 22.30 horas, da actuación de Guadi Galego.

O martes, día 4, o programa abrirase cos directos de En Casa del Herrero (19.00 horas), Thee Blind Crows (20.00 horas), True Mountains (21.00 horas) e El Meister (22.15 horas), na praza das Bárbaras. Ese día tocarán en San Nicolás Say my name (20.15 horas), The Trunks (21.15 horas), Sensacional (22.15 horas) e La Habitación Roja (23.30 horas). O castelo de San Antón ofrecerá, ás 22.30 horas, a actuación de Coque Malla.

O mércores 5, na praza das Bárbaras, estarán desde as 19.00 horas a artista MJ Pérez, David Quinzán (20.00 horas), Silvia Penide (21.00 horas) e Mäbu (22.15 horas). O programa de San Nicolás abrirase ás 20.15 horas coa actuación dos May­Thai y los Torino Rocket, aos que seguirán The Hellbuckers (21.15 horas), Fogbound (22.15 horas) e Cooper (23.30 horas). Esa noite, ás 22.30 horas, Ariel Rot levará o seu directo ao castelo de San Antón.

A información detallada das actuacións pode consultarse na aplicación web do festival, www.festivalnoroeste.com, e a súa App, que inclúe biografías das bandas, horarios, escenarios, mapas de situación dos mesmos e links ás redes sociais do Festival Noroeste –Facebook, Twitter e Instagram­ onde todo o que o desexe pode participar mediante o hashtag #recuperamosonorte.

A %d blogueros les gusta esto: