Deportes 02/16/2019

O Pazo dos Deportes de Riazor acollerá esta fin de semana a Copa da Princesa de hóckey a patíns masculino

by Victor Lamela

A Coruña acollerá este sábado 16 e domingo 17 de febreiro a celebración da Copa da Princesa de hóckey a patíns masculino, que enfrontará aos catro equipos situados nos postos máis altos da clasificación ao remate da primeira volta da OK Liga Plata. Así, o Deportivo Liceo B exercerá de anfitrión nun torneo que se celebrará no Pazo dos Deportes e no que participarán o CH Mataró, CP Taradell e Corredor Mató CH Palafrugell. Durante a mañá do sábado, o Pazo de María Pita acollerá un acto de recepción e de presentación do trofeo, que contará coa participación do alcalde, Xulio Ferreiro.

Esta tarde, ás 20.45 horas, terá lugar o sorteo do cadro de enfrontamentos da competición. Ao día seguinte, na tarde do 16, celebraranse as dúas semifinais eliminatorias ás 18.00 e as 20.00 horas. Os clubs gañadores xogarán o domingo 17 a final do torneo, nun partido que comezará ás 12.00 horas. O abono para todo o campionato será de 5 euros, pero o acceso ao Pazo dos Deportes será gratuíto para as nenas e e nenos menores de 12 anos, así como para as socias e socios do Deportivo Liceo e do Real Club Deportivo da Coruña.

Para máis información sobre a Copa da Princesa e a competición Ok Liga Plata pódese visitar o web da Real Federación Española de Patinaxe, ​http://www.hockeypatines.fep.es/

A %d blogueros les gusta esto: