coruna 11th enero 2019

O Plan Único da Deputación inviste 6,5 millóns de euros na mellora das infraestruturas deportivas de 35 concellos da provincia

by Victor Lamela

O Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña financia cun investimento de 6.571.770 euros un total de 51 obras de construción ou renovación de infraestruturas deportivas en 35 concellos da provincia da Coruña. A este importante cifra hai que sumar outros 772.431 euros que os municipios achegan para completar algúns dos investimentos, que en conxunto alcanza os 7,3 millóns de euros.

Máis dun terzo dos 93 concellos da provincia optaron por incluír entre as obras do Plan Único proxectos de creación, ampliación ou renovación das instalacións municipais destinadas á práctica do deporte coma campos de fútbol, polideportivos, ximnasios ou piscinas municipais.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que o elevado número de actuacións neste eido “amosa que hai un interese por parte dos concellos coruñeses para mellorar as súas infraestruturas deportivas. Unha necesidade que a Deputación está contribuíndo a satisfacer cun programa coma o Plan Único, que se adapta ás súas necesidades e que lles permite decidir en qué investir os fondos provinciais”.

González Formoso destacou que “ademais de contribuír a mellorar as infraestruturas deportivas municipais, a Deputación leva a cabo unha importante labor de promoción do deporte na provincia en todos os seus ámbitos, dende o deporte de base aos grandes eventos deportivos”,  destinando preto de 1 millón de euros anuais para a contratación de técnicos deportivos nos concellos, impulsando programas que subvencionan a actividade de centos de clubs coruñeses de diferentes disciplinas e categorías deportivas ou creando bolsas que permiten aos deportistas da provincia da Coruña participar en competicións nacionais e internacionais, entre outras.

 

243 millóns para financiar 1.146 obras nos concellos

Cun investimento histórico que xa supera os 243 millóns de euros no período 2017-2019, o POS+ financia actualmente 1.146 obras de mellora de infraestruturas nos 93 concellos da provincia, entre as que se atopan as 51 instalacións deportivas mencionadas, pero tamén proxectos de humanización e recuperación de rúas e espazos públicos,  creación de xardíns e zonas verdes, rehabilitación de locais sociais e veciñais, construción de parques infantís, obras de pavimentación, saneamento e abastecemento de auga en núcleos rurais ou instalación de novos sistemas de alumeado público.

O Plan Único permite ademáis que os concellos destinen parte dos fondos a amortizar a débeda municipal, pagar facturas pendentes ou financiar parte do gasto corrente de servizos básicos municipais coma o alumeado público, a recollida de lixo ou a limpeza viaria.

 

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS FINANCIADAS POLO PLAN ÚNICO (POS+2017 e POS+2018) NA PROVINCIA DA CORUÑA

COMARCA DA CORUÑA

 862.306,74 €

 

BETANZOS

Pistas deportivas As Minas, O Sapeiro, O Xuncaliño e Guiliade 116.821,83 €
TOTAL 116.821,83 €

CAMBRE

Reforma pistas polideportivas cubertas dos Campós (Sigrás) e Bernardo Bish (Brexo) 87.517,96 €
TOTAL 87.517,96 €€

CARRAL

Adecuación e reforma pavillón polideportivo municipal O Espiño 54.182,20 €
TOTAL 54.182,20 €

CULLEREDO

Conservación e acondicionamento polideportivo de Tarrío 72.552,09 €
Acondicionamento polideportivo descuberto Paseo Marítimo do Burgo 152.975,15 €
Acondicionamento polideportiva descuberta da Praza Europa 79.238,65 €
TOTAL 304.765,89 €

OLEIROS

Cuberta bancada campo de fútbol Leonardo Macedeira 67.769,65 €
TOTAL 67.769,65 €

SADA

Impermeabilización cuberta pavillón colexio de Mondego 89.968,27 €
Cubrición pista polideportiva en Mondego (Fase I) 141.280,94 €
TOTAL 231.249,21 €

 

 

 

COMARCA DE COMPOSTELA-

2.140.123,89 €

 

A BAÑA

Reforma de piscina en San Vicente 73.546,68 €
TOTAL 73.546,68 €

BRIÓN

Substitución cuberta pavillón municipal de deportes de Lamiño 101.569,78 €
Mellora acústica pavillón municipal de deportes de Lamiño 79.050,51 €
TOTAL 180.620,29 €

MESÍA

Pista polideportiva na Vila (Castro) 57.511,08 €
TOTAL 57.511,08 €

OROSO

Cuberta da piscina municipal de Oroso 210.475,91 €
TOTAL 210.475,91 €

PADRÓN

Pista multideporte no Campo de Souto 39.237,81 €
TOTAL 39.237,81 €

SANTA COMBA

Remodelación do campo de fútbol de Fontenla 417.765,79 €
TOTAL 417.765,79 €

SANTIAGO

Pista polideportiva multiusos no Carregal 140.000,00 €
Mellora equipamentos deportivos e sociais parroquia de Figueiras 292.083,71 €
Cuberta da pista polideportiva de Verdía 150.000,00 €
TOTAL 582.083,71 €

TEO

Céspede artificial e rego campo de fútbol de Calo 312.757,34 €
TOTAL 312.757,34 €

 

 

TRAZO

Substitución cuberta polideportivo municipal 72.814,24 €
TOTAL 72.814,24 €

VEDRA

Renovación céspede artificial campos de fútbol Coto e San Mamede 193.311,04 €
TOTAL 193.311,04 €

 

COMARCA DE BERGANTIÑOS/ COSTA DA MORTE

1.148.758,77 €

 

CARBALLO

Reforma e ampliación vestiarios no campo de fútbol O Periscal – Sofán 546.549,64 €
TOTAL 546.549,64 €

CEE

Obras de reparación na piscina municipal de Cee 182.235,88 €
TOTAL 182.235,88 €

CERCEDA

Ampliación do complexo deportivo González Laxe 243.824,72 €
TOTAL 243.824,72 €

ZAS

Substitución céspede no campo de fútbol de San Andrés 176.148,53 €
TOTAL 176.148,53 €

 

 

COMARCA DE FERROLTERRA/ORTEGAL

1.627.960,96 €

 

 

CERDIDO

 

Reforma piscina e mellora polideportivo municipais 15.346,70 €
TOTAL 15.346,70 €

FENE

Reforma da pista polideportiva de San Valentín 76.723,78 €
TOTAL 76.723,78 €

MONFERO

Acondicionamento campo de fútbol do Xestal 26.702,92 €
Iluminación do campo de fútbol do Xestal 18.203,90 €
TOTAL 44.906,82 €

MUGARDOS           

Vestiarios accesibles campo municipal da Pedreira 120.067,22 €
TOTAL 120.067,22 €

ORTIGUERA

Acondicionamento ximnasio e protección incendios CEIP “J.M. Lage” 117.030,04 €
Melloras na pavillón polideportivo municipal 47.944,99 €
Arranxo da cuberta da piscina de Ortigueira 69.000,01 €
TOTAL 233.975,04 €

PONTEDEUME

Renovación cuberta do pavillón A Casqueira 168.781,46 €
TOTAL 168.781,46 €

AS PONTES

Campo de herba artificial poboado das Veigas 649.134,57 €
TOTAL 649.134,57 €

AS SOMOZAS

 

Acondicionamento piscina pública das Somozas 86.100,30 €
TOTAL 86.100,30 €

VALDOVIÑO

Instalación de herba artificial no campo de fútbol de Mourente 232.925,07 €
TOTAL 232.925,07 €

 

 

COMARCA DE BARBANZA

792.619,69 €

 

MAZARICOS

Mellora na parcela de equipamentos con uso deportivo de Pino de Val 56.156,10 €
TOTAL 56.156,10 €

MUROS

Ampliación vestiarios do campo de fútbol Eleuterio Balayo 59.998,50 €
Pavimentación pista polideportiva de Miraflores 45.844,84 €
Conservación estruturas campos de fútbol de Louro e Esteiro e do Club de remo de Esteiro 112.540,68 €
Mellora de accesos e saídas de evacuación no campo de fútbol Eleuterio Balayo 44.998,50 €
TOTAL 263.382,52 €

OUTES

Reforma vestiarios no campo de fútbol de Outes 70.149,62 €
Sala de actividades na piscina municipal de Outes 90.499,86 €
TOTAL 160.649,48 €

POBRA DO CARAMIÑAL

Módulo cuberto de atletismo no estadio da Alta 130.766,52 €
TOTAL 130.766,52 €

 

RIANXO

Vestiarios no campo de fútbol A Lomba 103.997,69 €
TOTAL 103.997,69 €

RIBEIRA

Pavimentación dos campos de fútbol de Aguiño e Carreira 47.441,93 €
Peche do campo de fútbol de Oleiros, impermeabilización do polideportivo de Artes e pintado pista de atletismo “A Fieiteira” 30.225,45 €
TOTAL 77.667,38 €

 

A %d blogueros les gusta esto: