Uncategorised 12/01/2016

O Pleno da Coruña aproba introducir un cambio no PXOM para construír un equipamento público en Catro Camiños

by Victor Lamela

O Pleno da Coruña aprobou onte, co único voto en contra do grupo municipal popular, a aprobación da modificación puntual no Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM) de 2013 na Praza de José Toubes Pego para adecuala á previsión dunha parcela de equipamento público. Desta forma, se procedería ao cambio de usos do solo desta zona de Catro Camiños, onde se ubicaba a cafetería O Remanso. Así, a parcela en cuestión adquirirá a categoría necesaria para que se poderá levar a cabo a reforma que pretende o grupo de Goberno.

unnamed

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, indicou que se trata “dunha modificación puntual para posibilitar o cambio de uso deste solo”. A parcela que se ten previsto rehabilitar pasará a ter consideración de equipamento dotacional de continxencia. O responsable municipal indicou a necesidade de levar a cabo este cambio no PXOM “para que o proxecto, que é un compromiso co barrio e á veciñanza cumpra con todos os procedementos urbanísticos”. “A intención do Goberno local é dotar a este barrio do equipamento que merece, tendo en conta, entre outras cousas, que é un dos nodos con máis tráfico da cidade. Apostamos pola rehabilitación do edificio preexistente, tendo en conta que as modificacións que se leven a cabo minimizarán o impacto visual”, explicou Varela. O concelleiro explicou que o proxecto previsto neste espazo polo anterior Goberno “pasaba por licitar unha obra para unha construción que, tal e como estaba o PXOM, o solo non permitía: un equipamento público en zona verde”. O concelleiro insistiu en que “é obrigado respectar os procedementos urbanísticos, algo que durante anos non se fixo en moitas das obras que se levaron a cabo nesta cidade”. “O barrio de Catro Camiños precisa deste equipamento e temos ante nós un proxecto que contará cun trámite longo que levará varios meses”, explicou o titular de Rexeneración Urbana. “A intención deste Goberno é levar a cabo un proxecto de rehabilitación consensuado coa veciñanza e que será debatido cos grupos municipais”, avanzou.

A %d blogueros les gusta esto: