Home » coruna » Currently Reading:

O pleno da Deputación aproba por unanimidade unha declaración pedindo a condonación da débeda do porto da Coruña

septiembre 16, 2018 coruna No Comments

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos representados na corporación provincial (PP, PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños), unha declaración institucional instando ao Goberno do España a condonar o préstamo concedido por Puertos del Estado á Autoridade Portuaria da Coruña para a construción do porto exterior de Punta Langosteira ou, no seu caso, conceder as axudas económicas equivalentes conducentes á amortización efectiva de dito préstamo.

Así se recolle no texto da declaración aprobada hoxe, que vai na liña do acordo unánime alcanzado no Parlamento Galego o pasado 12 de setembro, e na que tamén se solicita ao Ministerio de Fomento a convocatoria da Comisión de Seguemento do convenio co fin de negociar un protocolo de colaboración que teña por obxecto a revisión dos convenios de 2004 e do PXOM de 2013 sobre o fundamento da definición dun novo horizonte litoral e portuario para a cidade da Coruña baseado nos principios básicos de titularidade e xestión pública dos terreos, equipamentos dotacionais e espazos libres públicos e usos produtivos portuarios complementarios.

Asemade, a Deputación insta a Fomento, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, ADIF, Concello da Coruña e Xunta de Galicia a constituir un ente público como forma de participación e xestión deste novo horizonte litoral.

 

Garantir a conexión ferroviaria con Punta Langosteira

Finalmente, o pleno da Deputación insta a Fomento e Portos do Estado a impulsar e financiar a execución da conexión ferroviaria do Porto Exterior de Punta Langosteira sen achega económica da Autoridade Portuaria da Coruña e, a tal efecto, demandar a inclusión dun orzamento axeitado tanto no Plan de Investimentos de Portos do Estado e ADIF como na Lei de Orzamentos do Estado para 2019, de xeito que poda ser licitada no primeiro semestre dese exercicio.

Coruñes de nacimiento, y amante de esta gran ciudad, trabajador en la industria del metal y fan de las nuevas tecnologías, gestiono webs y redes a nivel local, y pronto espero tirarme a proyectos a nivel internacional.

Puedes seguirme en las redes

 

Comment on this Article:

A %d blogueros les gusta esto: