coruna 07/16/2019

O PP alerta do mal estado das estradas da Deputación, de novo sen limpar a pesar do elevado risco de incendios en verán

by Victor Lamela

O grupo provincial popular vén de denunciar publicamente o estado de abandono que presenta a rede de estradas da Deputación da Coruña, sen limpar pese a que xa comezou a tempada de verán e, con ela, o risco de aumento de incendios forestais.

Ante esta situación, son varios os concellos da provincia que xa teñen mostrado o seu malestar, como é o caso de Frades e Touro, dende onde aseguran que o mal estado das estradas, a grande maioría sen nin sequera desbrozar, non é algo novo, pois xa sucedeu en anos anteriores.

“Por desgraza, estamos igual que estabamos antes das eleccións: cun goberno inexistente e inoperante que ignora os perigos de non coidar a rede de estradas provinciais”, aseguran os populares, que instan ao presidente provincial a axilizar uns traballos “moi necesarios” e que “non poden agardar a que un goberno ineficaz decida poñerse a traballar”.

 

A %d blogueros les gusta esto: