coruna 11/07/2019

O profesor Víctor Arufe da Facultade de Ciencias da Educación, Premio de Innovación Educativa SIMO Educación á mellor experiencia de gamificación

by Victor Lamela

O profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, Víctor Arufe, recolleu en Madrid o Premio á Innovación Educativa SIMO Educación 2019 á Mellor experiencia de gamificación.

O profesor, co proxecto Fortnite EF, demostrou que é posible traballar varias competencias de Educación Física simulando unha partida. Para isto, traballou as diferentes condicións do videoxogo na vida real, adaptándoo todo aos contidos de Educación Física. Nesta proposta que o profesor Arufe realizou con estudantes, estes traballan valores como a xenerosidade, o xogo limpo, o respecto ou a creatividade e ademais crean hábitos saudables e habilidades comunicativas.

A %d blogueros les gusta esto: