coruna 09/10/2020

O PSDEG PROVINCIAL CONSIDERA “INADMISIBLE” QUE A XUNTA AGRUPE AOS NENOS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS E CRITICA QUE “POR FALTA DE RECURSOS CREA GUETOS NOS CENTROS”

by Victor Lamela

A Agrupación Provincial Socialista da Coruña considera “inadmisible” o protocolo posto en marcha pola Consellería de Educacion da Xunta para os nenos e nenas con necesidades educativas especiais, esixindo un cambio inmediato do mesmo.

Os socialistas apoian as protestas da plataforma de familias de alumnos con necesidades específicas de apoio educativo ‘Dereitos, Non Parches’, que advertiu nas últimas horas que a Xunta “autoriza a creación de unidades de educación especial en centros ordinarios para agrupar nelas ao alumnado con diversidade funcional ou trastornos graves de conducta”.

Estrella Jiménez, secretaria de Educación do PSOE provincial, lamenta “que unha vez máis a Xunta escatime en recursos na educación e en vez de adaptar o sistema ao alumnado fai o revés, adapta o alumnado ao sistema más barato, que neste caso tamén é discriminatorio, creando guetos nos centros”.

O PSOE demanda un cambio inmediato neste protocolo, “que non ten ningún tipo de xustificación sanitaria” e, como lembran as familias, é contrario ao artigo 24 da Convención de Dereitos das Persoas con Discapacidade.

“Para a Xunta, a educación pública non é prioritaria, os recursos baixan sen parar e nun comezo de curso como este o que ten que facer é apoiar á comunidade educativa e ás familias, non complicar a súa labor”, engade Jiménez.

Os socialistas apuntan que este caso “é un máis do claro exemplo de abandono e deixadez por parte da Xunta de Galicia aos centros educativos”.

A %d blogueros les gusta esto: