Ayuntamiento 07/03/2019

O PSdeG-PSOE E A MAREA ATLÁNTICA CHEGAN A UN PRINCIPIO DE ACORDO PROGRAMÁTICO PARA O INICIO DO MANDATO

by Victor Lamela

Socialistas e Marea tamén chegaron a un acordo para o pleno de organización que se basa “no respeto á pluralidade da corporación e nunha organización equilibrada da representación institucional”.

O acordo alcanzado entre os equipos negociadores terá que ser refrendado pola Rede, nunha xuntanza que se celebrará mañá xoves.

O pasado 26 de maio, a cidadanía da Coruña votou claramente en favor dun goberno progresista no seu Concello. A Marea Atlántica e o PSdeG- PSOE acordan sumar esforzos para construír unha maioría suficiente de carácter progresista co obxecto de sacar adiante as políticas transformadoras que demandan as veciñas e veciños da Coruña.

O acordo programático céntrase nunha axenda social “transformadora” e na que se contemplan medidas como o impulso á área metropolitana da Coruña, a gratuidade do ensino de 0 a 3 anos, as bonificacións para determinados colectivos no uso do transporte público ou a recuperación do borde litoral.

O acordo tamén inclúe o compromiso de continuación na execución de obra pública comprometida como pode ser a demolición do viaducto da Ronda de Nelle, o proxecto do centro deportivo do Castrillón ou os proxectos para as reformas dos mercados de, Durmideiras, Santa Lucía e Monte Alto.

De igual xeito PSdeG-PSOE e Marea acordan a aprobación definitiva da ordenanza de igualdade ao longo do ano 2019 así como a posta en marcha dun programa de bolsa de vivenda en réxime de aluguer co obxecto de que entre en funcionamento en 2020.

Para o seguemento e cumprimento deste acordo crearase unha comisión de seguemento formada por integrantes de cada organización que se reunirá a iniciativa de calquera das partes e en calquera momento.

A %d blogueros les gusta esto: