coruna 22/11/2019

O PSOE CRITICA QUE O PP PROPOÑA “UN RECORTE DRÁSTICO” NO SERVIZO DE TELEASISTENCIA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

by Victor Lamela

O PSOE denunciou no pleno extraordinario de orzamentos da Deputación da Coruña que o PP propoña “un recorte drástico” no servizo de teleasistencia da institución provincial.

O PP presentou 24 emendas aos orzamentos de 2020, por valor de 5,8 millóns de euros, entre as que destaca a que rexistraron para reducir un 83% a partida para o servizo de teleasistencia (pasando de 720.000 a 120.000 euros).

“Falamos dun servizo que utilizan 2.500 persoas en 89 concellos da provincia, un servizo social fundamental que da soporte a persoas maiores e dependentes”, afirmou Bernardo Fernández, portavoz do grupo socialista.

“A emenda é unha mostra máis dos bandazos do PP, que agora quere meter as tesoiras nunha partida social fundamental na Deputación”, engade.

Por outra parte, Bernardo Fernández criticou que das 24 emendas do PP, 14 son relativas aos centros de menores e de ensino secundario, “que deben ser asumidos pola Xunta e supoñen 10 milllóns de euros de gasto cada ano para esta institución”.

Fernández destacou tamén durante o pleno “a importancia do Plan Único, que permite aos concellos decidir en que queren investir, frente ao que defende o PP, que é unha volta ao modelo de Deputación finalista que lle dicta aos concellos en que deben investir”.

A %d blogueros les gusta esto: