coruna 09/13/2019

O PSOE PROVINCIAL ESIXE “UNHA REACTIVACIÓN DA CENTRAL TÉRMICA DE AS PONTES, DA QUE DEPENDEN 650 FAMILIAS, E UNHA TRANSICIÓN ENERXÉTICA XUSTA NA COMARCA”

by Victor Lamela

Os socialistas da provincia da Coruña esixen “unha reactivación da central térmica de As Pontes, da que dependen 650 familias e o porto exterior de Ferrol, e unha transición enerxética xusta para toda a comarca”.

O PSdeG Provincial apoiou hoxe unha concentración de traballadores e sindicatos das comarcas de Ferrolterra, Terra Chá e a Mariña diante da sede da Xunta de Galicia en Santiago “por unha transición xusta e en defensa do emprego nas Pontes e comarcas”. Asistiron máis de 400 persoas.

A mobilización contou co respaldo da Agrupación Socialista de As Pontes e nela participaron diferentes representantes políticos, como Valentín González Formoso, alcalde de As Pontes e presidente da Deputación da Coruña, e Ángel Mato, alcalde de Ferrol.

“Teñen que sentarse de forma urxente as partes implicadas, Endesa e as administracións, sobre todo o Ministerio de Transicion Ecoloxica pero tamén a Xunta, que é a que otorga finalmente as autorizacións”, afirmou Formoso.

A preguntas dos medios de comunicación, lembrou que “a empresa apostou por cumprir o Protocolo de París e as normativas medioambientais, investiu 220 millóns de euros na central de As Pontes”, polo que é fundamental “unha transición xusta, como no caso de Alemania, que vai seguir operando con carbón ata o 2038”.

“Endesa investiu para usar combustibles alternativos en As Pontes, hibridando a biomasa ou os lodos de depuradora co carbón para reducir as emisións de C02, é unha das tres centrais españolas de carbón que decidiron facelo e non pode recibir o mesmo trato que unha instalación que non apostara”, argumentou.

“A solución posible e viable pasa por substituir de forma progresiva o carbón, hibridando o combustible con outros máis renovables, tal e como pretende facer Endesa en As Pontes”, engadiu Formoso, que solicitou “unha reacción rápida e urxente das administracións”.

Reunión na Xunta

Formoso e varios representantes sindicales presentes na concentración foron recibidos polo director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces, e pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. Na xuntanza, obtiveron o compromiso dun encontro a curto prazo co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

“Temos que seguir pelexando e o imos conseguir, o contrario sería un sinsentido, o luns continuaremos coas mobilizacións, neste caso diante da Delegación do Goberno na Coruña”, rematou Formoso.

A %d blogueros les gusta esto: