Uncategorised 14/01/2016

O Teatro Rosalía Castro acollerá esta fin de semana a estrea de “Palabras malditas”, unha obra ambientada na Coruña da posguerra

by Victor Lamela

O Pazo de María Pita acolleu a presentación da obra ‘Palabras Malditas’, de Teatro do Noroeste. A peza, ambientada na Coruña da posguerra, é a primeira das cinco estreas de compañías galegas que terán lugar esta primavera no Teatro Rosalía Castro, complementarias ao seu Ciclo Principal, e nas que os grupos desenvolverán residencias técnicas nos días previos á representación. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou que a estrea de ‘Palabras Malditas’ esta fin de semana supón o inicio dunha programación “importante, de experiencias vinculadas ás residencias” para que os procesos artísticos das compañías “poidan desenvolverse, en parte, no propio Teatro”, á vez que salientou o comezo de ano “especialmente galego” nas táboas do espazo municipal de Rego de Auga, tras a celebración dos espectáculos de Manicómicos e Luar na Lubre.

unnamed

A obra, interpretada por Sara Casasnovas, Miquel Ínsua e Luma Gómez, poderá verse os días 15 e 16 de xaneiro ás 20.30 horas. ‘Palabras malditas’ sitúase nunha pensión do Papagaio dos anos 40, na que unha prostituta, interpretada por Casasnovas, e un profesor de poesía, ao que dará vida Ínsua, establecen unha relación marcada pola inspiración e poesía. O director do Teatro Rosalía Castro, Paulo Rodríguez, sinalou na presentación que o texto amosa unha Coruña “moi recoñecible” pola veciñanza, “e que ten o valor engadido da memoria histórica”. Neste sentido, o autor do texto ­­Accesit d o Premio Lope de Vega 2014­­ e director, Eduardo Alonso, salientou que ‘Palabras malditas’ “intenta contar unha historia, configurada pola cidadanía, que non debemos esquecer”. Alonso tamén quixo destacar a “oportunidade” que supón a realización da residencia no Rosalía xa que, segundo o director, os ensaios previos no escenario permitirán “que a estrea sexa técnicamente o máis perfecta posible”.

As entradas, que xa están a venda, poderán adquirirse desde 6,50 euros nas canles habituais (Praza de Ourense ­ de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 horas ­, no teléfono 902044226 ­ de luns a venres de 9 a 22 horas, sábados de 14 a 22 horas ­ e na plataforma w ww.ticketea.com, e no despacho do mesmo Teatro Rosalía os días de función ­de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas­). C omo vén sendo habitual, as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou posuidoras do Carné Xove, terán un desconto do 20% nos seus billetes.

A %d blogueros les gusta esto: