coruna 03/20/2019

“O tempo de facer campañas electorais presentando megaproxectos xa pasou”

by Victor Lamela
“No BNG cremos que o tempo de concibir unha campaña electoral presentando megaproxectos xa pasou. A nosa intención é presentar durante a campaña electoral o que son os pasos que pensamos que hai que dar para facer da cidade da Coruña unha cidade-modelo: modelo en canto a calidade urbana, en mobilidade, modelo en canto a democratizar o espazo público, modelo en canto a garantir o acceso á vivenda….”, explicou Francisco Jorquera, candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, esta mañá nunha entrevista en Radio Intereconomía.
O candidato nacionalista indicou que o BNG concorre ás municipais con vontade “de ser a forza que lidere a política municipal” nos próximos catro anos, e subliñou que nos encontros que está a manter estes días con colectivos veciñais e asociacións está percibindo “decepción e frustración na veciñanza co goberno da Marea” e engadiu que a intención das nacionalistas é “transformar iso en ilusión por unha forza como o Bloque, capaz de realizar o cambio en serio que precisa A Coruña e facer esa cidade-modelo”.
Preguntado pola próximas eleccións xerais e por cales van ser as propostas do BNG para A Coruña e o país en xeral, Jorquera sinalou catro cuestións urxentes: reclamar unha tarifa eléctrica galega, que o Estado asuma o custe da débeda do Porto Exterior, rematar coa discriminación en materia ferroviaria, non pode ser que teñamos infraestruturas do século XIX; e, ademais, acabar coas peaxes abusivas na AP-9”.
A %d blogueros les gusta esto: