coruna 08/09/2019

O TRÁILER – EXPOSICIÓN DE VIVAMOS COMO GALEGOS ACHEGOU A SADA ‘A MAXIA DO NOSO’

by Victor Lamela

Os dous andares do tráiler – exposición Vivamos como Galegos! de Supermercados Gadis transportan de todo este ano. Dentro, os visitantes atopáronse desde o espírito da verbena, ao repunantiñómetro, o libro máxico, o clásico futbolín e tamén o museo das 12 edicións da campaña. Pero por se iso non abondara, esta edición permitiu aos sadenses participar no primeiro escape room itinerante de Galicia. A cita con toda esta diversión estivo integrada na celebración do San Roque.

Todas as persoas que visitaron o tráiler foron agasalladas cunha pulseira. Ademais, sorteáronse 22 abonos para o Festival de la Luz que terá lugar en Boimorto os días 6, 7 e 8 de setembro e unha canastilla no stand BebéGadis, onde as persoas interesadas puideron descubrir toda a información sobre esta campaña de Supermercados Gadis para dar a benvida aos nenos e nenas acabados de nacer, que se pode consultar tamén en https://www.bebegadis.es/.

O tráiler – exposición conta con tres espazos diferenciados: a zona exterior, na que está o photocall cun palco ambientado a xeito de verbena con instrumentos inchables e o son da ‘cumbia verbeneira’, e dous andares. No primeiro os visitantes puideron gozar de catro actividades: o repunantiñómetro, o libro máxico, o futbolín, e unha área que acolle o escape room. Xa no segundo andar o protagonismo é para os 12 anos de campañas de Vivamos como Galegos! a xeito de exposición visual. Neste espazo cóntase cun recuncho dedicado a poñer en valor os 14 premios que ten recibido esta campaña, incluídos os tres Mestre Mateo cos que foi recoñecida.

Unha das novidades deste ano do tráiler – exposición Vivamos como Galegos! consiste en poder xogar no primeiro escape room itinerante de Galicia. No interior do vehículo hai unha habitación ambientada como a biblioteca do avó que aparece no spot deste ano. Dentro, había pistas para resolver un misterio que moitos visitantes resolveron neste día en Sada. Así mesmo, os máis pequenos puideron xogar nos inchables habilitados para esta xornada.

Logo do seu paso por Sada, o tráiler de Vivamos como galegos! seguirá de ruta recorrendo as principais localidades galegas. A próxima parada será o sábado 10 de agosto en Verín.

Máis información en www.vivamoscomogalegos.com.

A %d blogueros les gusta esto: