Fotografía 9th noviembre 2018

O xurado do Calendario Municipal falla as trece fotografías gañadoras desta edición, que versa sobre ‘A Coruña da memoria’

by Victor Lamela

O Calendario Municipal do ano que vén xa ten fotografías gañadoras. O xurado do certame fallou esta tarde, no Pazo de María Pita, as 12 imaxes que, acompañadas doutras tantas fotografías antigas da cidade cedidas polo Arquivo Municipal, conformarán o almanaque do Concello de 2019, que leva por título ​A Coruña da memoria. O tribunal do concurso, formado por membros de cada un dos grupos que contan con representación na Corporación municipal, así como por tres membros do colectivo de fotoxornalistas da Coruña, decidiu tamén seleccionar unha imaxe máis, que será a que ocupe un lugar destacado como portada do calendario.

O concurso, que este año tiña como principal pretensión render homenaxe á historia da cidade a través do seu patrimonio e dos espazos emblemáticos e simbólicos –tanto a nivel arquitectónico como sentimental–, contou coa participación de preto dun cento de veciñas e veciños. As gañadoras e gañadores desta edición recibirán como premio un exemplar da obra de ​Gerda Taro. La sombra de una fotógrafa​, de François Maspero –editado por La Fábrica–, un exemplar deChoqueiros. Breve crónica histórica do carnaval coruñés,​ de Xosé Alfeirán –editado polo Concello da Coruña– e un ano (2019) de acceso gratuíto aos museos municipais, ademais de dez copias do almanaque.

Os traballos seleccionados, que destacaron pola súa calidade e representatividade, son os seguintes:

1

​​Nota de Prensa

page2image3812288

Portada:​Caracola,​ deDavidUcha.
Xaneiro: ​Resistindo os embates, d​ e José María Fernández Serrano.
Febreiro: ​Galería,​ de Miguel Ángel Recio García Moreno.
Marzo: ​María Pita​, de Julio Besiga Díaz Blanco.
Abril: ​Reflexos modernistas, d​ e Andrés Castiñeiras.
Maio: ​Castro de Elviña,​ de Carlos Alberto Perina.
Xuño:​ Silueta de la Torre sobre concentración motera,​ de José Luis Sanz Campaña Xullo: ​Cárcere, ​de Mada Carballeira.
Agosto: ​Cometa, d​ e Sara Fernández Cid.
Setembro:​ Niebla en Os Castros,​ de Eloísa Fernández.
Outubro: ​Mercado de San Agustín,​ de Uxío Rivas.
Novembro:​ Cemiterio de San Amaro,​ de Manuel Candal.
Decembro: ​A fonte do desexo, o desexo de ser coruñés, ​de Daniel Martí.

A %d blogueros les gusta esto: