coruna 26/03/2020

Os corpos de seguridade da cidade homenaxearán o persoal sanitario do CHUAC

by Victor

A Asociación Profesional de Policía Local da Coruña en colaboración cos demais corpos de seguridade da cidade organizan mañá, ás 14.30 horas, unha concentración na rotonda do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) para homenaxear o persoal sanitario que está estes días na primeira liña de combate contra o coronavirus.

Vehículos da Policía Local, Autonómica e Nacional, da Garda Civil, dos Bombeiros e Protección Civil colocaranse na glorieta do centro das Xubias para darlles un forte aplauso a todas e todos os profesionais que axudan con recursos médicos e asistenciais a frear o avance da enfermidade e procuran o benestar das e dos coruñeses infectados.

Durante o transcurso do acto, garantirase o paso de ambulancias e outros vehículos que queiran acceder ao CHUAC. A iniciativa xurdiu de todos os corpos de seguridade que operan na cidade como unha forma de lles agradecer ás persoas que están tan expostas ao virus o seu labor e humanidade e tamén para darlles moita forza nestes días tan críticos.

A %d blogueros les gusta esto: