Deportes 16/08/2019

Os equipos feminino e masculino de Cabo de Cruz gañan a Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

by Victor Lamela

Os Clubs de Remo Cabo de Cruz foron os gañadores da I edición feminina e da XXX masculina da  Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña.

Na categoría masculina, e cun tempo de dezaoito minutos e cincuenta segundos, a embarcación boirense superou en sete segundos ás de Ares e Rianxo, que chegaron segunda e terceira, respectivamente, con escasa marxe de diferenza.

Por outra banda, na categoría feminina o Club de Remo Cabo de Cruz logrou conseguir a I Bandeira de Traíñas feminina con un tempo de vintiun minutos e dezanove segundos, impoñéndose ao Náutico de Ribeira, Regatas Perillo e Mar de Mugardos.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a responsable de deportes, Cristina Capelán, foron os encargados de entregar as bandeiras ás tripulacións das embarcacións gañadoras.

A clasificacilón quedou do seguinte xeito:

Categoría feminina:

GAÑADOR: Club de Remo Cabo de Cruz. Tempo:  21´19´´64

2º clasificado: Náutico de Ribeira. Tempo: 21´44´´47

3º clasificado: Regatas Perillo. Tempo: 22´37´´88

4º clasificado: Mar de Mugardos. Tempo: 23´25´´40

 

Categoría masculina:

GAÑADOR: Club de Remo Cabo de Cruz. Tempo:  18´57´´69

2º clasificado: Club do Mar Ares. Tempo:  19´04´´03

3º clasificado: Club Rianxo. Tempo:  19´30´´13

4º clasificado: Mariñeiro de Mera. Tempo:  19´34´´66

5º clasificado: Esteirana. Tempo:  19´35´´43

6º clasificado: Cabana-Ferrol. Tempo:  20´00´´13

7º clasificado: Club de Remo Muros. Tempo:  20´06´´06

8º clasificado: Mar de Mugardos. Tempo:  20´11´´70

9º clasificado: Club Regatas Perillo. Tempo: 20´28´´16

 

Este ano, os premios ascenderon a 20.800 euros, para as dúas categorías,  con 2.500 euros para primeiro clasificado e 800 euros para o noveno. Os premios teñen a mesma contía para os catro primeiros clasificados , tanto na categoría feminina como masculina.

Por primeira vez esta competición deportiva non se desenvolveu en augas costeiras.

A %d blogueros les gusta esto: