Ayuntamiento 17/03/2020

Os servizos de atención ao público da Deputación funcionarán exclusivamente por vía telefónica ou telemática

by Victor Lamela

A Xunta de Goberno da Deputación da Coruña reuniuse hoxe de forma extraordinaria e urxente para adoptar novas medidas de contención ante a crise sanitaria do Covid-19.

Na reunión, presidida polo titular da institución provincial, Valentín González Formoso, informouse da situación tras as medidas adoptadas nos últimos días, que incluiron o peche dos centros educativos, culturais e etnográficos dependentes da Deputación e a implantación de protocolos e do  teletraballo para limitar ao mínimo imprescincible a presenza física do funcionariado na sede da institución, agás os servizos esenciais e persoal directivo.

Na reunión de hoxe decidiuse que os servizos de atención ao público da Deputación funcionarán só por medios telefónicos e telemáticos, co fin de evitar situacións de risco de contaxio para a cidadanía.

O Goberno provincial lembra que, en aplicación do Real Decreto 462/2020 polo que se decreta o estado de alarma, suspéndense todos os prazos para a tramitación de procedementos da Deputación da Coruña e do conxunto das entidades do sector público municipal. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia este acordo ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

A Xunta de Goberno decidiu ademáis suspender as reunións dos órganos colexiados de carácter ordinario, agás os que podan ter que reunirse para aprobar medidas ante a evolución da situación actual. Así, a Deputación suspende  temporalmente as comisións informativas e o pleno ordinario correspondente ao mes de marzo.

O presidente provincial agradeceu aos traballadores e traballadoras e os distintos grupos políticos da Deputación a súa colaboración para garantir o funcionamento da administración nunha situación excepcional como a que estamos a atravesar.

 

A %d blogueros les gusta esto: