coruna 30/06/2020

OS SOCIALISTAS CRITICAN EN OLEIROS AS REPERCUSIÓNS NA SANIDADE PÚBLICA DAS POLÍTICAS DE FEIJÓO, “IDÉNTICAS ÁS DA COMUNIDADE DE MADRID”

by Victor Lamela

Os socialistas da provincia da Coruña criticaron en Oleiros as “duras repercusións” na sanidade pública galega das políticas da Xunta de Alberto Nuñez Feijóo, “idénticas ás levadas a cabo na Comunidade de Madrid”.

Nunha mesa redonda sobre a situación da sanidade pública en Galicia organizada este fin de semana polo PSOE de Oleiros, os socialistas lamentaron “os problemas que cada día vemos na atención primaria, as urxencias ou o transporte sanitario, como consecuencia dos continuos recortes do PP”.

María del Carmen Acuña do Campo, doutora do centro de saúde de Mera e ex deputada do Parlamento Galego, lembrou que “xa levamos moitos anos de recortes adornados con mentiras, por iso o 12 de xullo temos a oportunidade de cambiar a un mentiroso por un Caballero”.

“A pandemia non tivo unhas consecuencias tan duras en Galicia pola nosa situación xeográfica, pero os profesionais non tiñamos material mentres Feijóo alardeaba dun estudio epidemiolóxico que foi un paripé e duns hospitais de campaña que todo o mundo sabía que non farían falta”, engadiu.

José Manuel Lage, secretario de Organización do PSOE Provincial e concelleiro no Concello da Coruña, foi o encargado de presentar a xornada xunto a Anna Candal Malvís, concelleira do PSdeG-PSOE de Oleiros, que moderou a mesa redonda posterior.

Interviron na mesa Oscar Vázquez Vázquez, responsable autonómico de transporte sanitario de UGT; Acuña do Campo; Manuel Martín García, voceiro de SOS Sanidade e presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, e Julio Torrado Quintela, doutor en Psicoloxía, deputado do Parlamento Galego e voceiro de Sanidade do PSdeG-PSOE.

Ademáis, estiveron presentes diversas asociacións de pacientes e persoas aqueixadas de diversas doenzas de toda Galicia. Todos os presentes pediron “máis medios en atención primaria ante o outono complicado que temos por diante”.

A %d blogueros les gusta esto: