Uncategorised 23/07/2020

Programación do Ciclo Metropolitano pola Igualdade, Elas Son Artistas

by Victor Lamela

Música, escritura, pintura, cine, unha xornada profesional… forman parte da programación desta nova edición do Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, Elas Son Artistas, que se levará a cabo nos próximos meses baixo a nomenclatura de “Ciclo” en vez de festival como nas dúas anteriores edicións.

Propostas moi variadas en estilos e disciplinas artísticas que suporán un importante movemento de persoas da área Metropolitana da Coruña en busca de espectáculos culturais que teñen á muller creadora como protagonista.

Trátase dunha cita anual, en fase de consolidación, e que nesta edición de 2020 xa colgou o seu primeiro “entradas esgotadas” coa actuación do dúo zaragozano TéCanelano centro cultural A Fábrica de Oleiros hai un par de semanas e baixo unhas estritas medidas sanitarias.

CONCELLOS:
Os eventos terán lugar en oito concellos da área metropolitana da Coruña, unha forte aposta para que a cultura sexa quen de esquecer barreiras burocráticas: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Carral, Cambre, Betanzos, Oleiros e Sada, con case 360.000 habitantes, serán as localidades nas que se poda disfrutar do festival.

MÚSICA:
É un dos grandes eixos desta iniciativa e a programación se prolongará ata o próximo mes de decembro, deixando o groso das actuacións de pago nas salas e no Teatro Colón, para outono. O abono para estes concertos pódese adquirir a través de Ataquilla.

    • 26 de xullo – Las Antonias – Concello de Arteixo.
    • 1 de agosto – Silvia Penide – Concello de Bergondo.
    • 15 de agosto – Agoraphobia + Eme dj – Concello de Sada.
    • 6 de setembro – Belém Tajes – Concello de Cambre.
    • 6 de setembro – Mounqup e Lúa Mosquetera  xunto a Artesás Galegas – Fundación Luis Seoane.
    • 18 de setembro – Ede – Concello de Betanzos.
    • 8 de outubro – Estrea documental ‘Amazing Grace (Aretha Franklin)’ – Sede Afundación da Coruña.
    • 10 de outubro – Ainoa Buitrago – Sala Bâbâ Bar, A Coruña.
    • 10 de outubro – The Riven – Sala Mardi Gras, A Coruña.
    • 15 de outubro – ‘Freedom (very best of Aretha)’ – Teatro Colón, A Coruña.
    • 30, 31 octubre e 1 novembro – Lau e Elas Tamén Pintan- Concello de Carral.
    • 13 de novembro – Carmen Boza – Sala Garufa Club, A Coruña.
    • 11 de decembro – Mourn + Grises – Sala Mardi Gras, A Coruña

No Concello de Carral, e da man de 7hCoop, contaremos tamén con Elas tamén pintan, unha actividade que pretende dar visibilidade e recoñecemento ás artistas locais ao tempo que se visibiliza ás numeras mulleres na historia da arte urbana.

No mes de setembro, volveremos contar co obradoiro de escritura na Casa Museo Emilia Pardo Bazán, na Coruña, con Andrea Pazos.

En outubro, na Sede Afundación da Coruña teremos a estrea do documental ’Amazing Grace. Aretha Franklin’, a película que rescata as imaxes que o director Sydney Pollack tomou en 1972 durante a gravación do disco máis famoso da raíña do soul e que levaban tres décadas sen ver a luz. O documental non só ofrece un retrato familiar da Aretha que acompañaba a un tempo as misas do seu pai, senón tamén da sociedade afroamericana da época.

A %d blogueros les gusta esto: