coruna 27/03/2020

PROPUESTA MAREA ATLANTICA

by Victor Lamela

A crise que estamos a vivir ten unha orixe sanitaria, a pandemia mundial de coronavirus COVID-19, pero está a derivar rapidamente nunha crise social. Neste contexto, renovamos o noso apoio a todas as medidas que se están a aplicar para facerlle fronte á emerxencia. Pero insistimos en que as institucións teñen que seguir avanzando no crucial: protexer ás persoas máis vulnerables e garantir os dereitos básicos.

O 18 de marzo ​presentamos unha batería de medidas para que o Concello da Coruña poña en marcha un Plan de Choque Social desde a proximidade, algunhas das cales xa están a ser aplicadas polo goberno municipal. Pero cando están a piques de cumprirse dúas semanas de confinamento, e o Estado de Alarma foi ampliado, chega o momento de ampliar tamén as propostas para coidar de quen máis precisa.

1. Servizo de Asistencia Psicolóxica​:
Formalización dun Convenio co Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio de Psicólogos de Galicia, para prestar atención psicolóxica dirixida á poboación en xeral, por exemplo por vía telemática. Terá unha duración mínima de 6 meses, e pode tramitarse vía Concello ou Deputación da Coruña.

2. Persoas Maiores:

  • ○  Incrementar o servizo de Teleasistencia ​e realizar chamadas proactivasdiarias, tamén para informar e dar consellos sobre o COVID-19 ás usuarias.
  • ○  Comedores sociais do concello: Continuar ofrecendo o servizo e que as persoas o poidan recoller e levar para a súa casa.
  • ○  Talón Restaurante. O listado de persoas beneficiarias do Talón Restaurante pode ser un bo detector de vulnerabilidade. Se é viable, trasladar ese listado ao servizo de Teleasistencia para que o inclúan nas chamadas diarias ou que persoal da concellaría se faga cargo.

○ Comida a domicilio​: Ampliación da poboación destinataria, gratuidade deste servizo para todas as persoas beneficiarias, poñer a disposición da veciñanza un teléfono para solicitar este servizo, negociación coa empresa para realizar unha modificación do contrato no que se contemplen estas cuestións previas.

3. Servizo de Axuda a Domicilio:

  • ○  Debe garantirse a continuidade na prestación do servizo a todas as persoas usuarias, seguindo as recomendacións contidas no Documento técnico da SEDS.
  • ○  Comunicar e rexistrar diariamente as variacións que poidan derivarse das revisións e supervisións diarias e periódicas, así como das novas necesidades e demandas que poidan xurdir aos efectos de reconfiguración dos contidos de atención e do seu axuste en función das prioridades e combinación con outros servizos.4. Bonotaxi:

○ O listado de beneficiarias de bonotaxi tamén podería ser un bo detector de

vulnerabilidade e de necesidades especiais.

5. Xestión:

  • ○  Axilizar a tramitación do superávit municipal de 2019 para incrementar as partidas sociais.
  • ○  Incrementar os fondos dispoñibles para a prestación de servizos sociais como a Renda Social Municipal, as axudas de emerxencia, o talón restaurante, as bolsas comedor ou o Servizo de Axuda a Domicilio, entre outros, flexibilizando as súas condicións para chegar ao maior número de persoas beneficiarias. ​Cómpre reanudar as citas previas para novas solicitudes​. A Marea Atlántica ofrece o seu apoio para aprobar os modificativos de crédito ou cambios normativos necesarios.
  • ○  Contratar persoal técnico (traballadoras sociais, educadoras…) ​e tamén persoal administrativ​o para axilizar os trámites de Renda Social, Axuda de Emerxencia, tramitación de convenios, etc. Estudar dende os servizos xurídicos a vía legal para poder realizar as contratacións de persoal. (SEPE, convenios Colexio Traballadoras Sociais, Colexio Educadoras, Programas…)

○ Axilizar convenios das Entidades Sociais que xa estén cubrindo necesidades básicas das persoas e familias nas diversas situacións de vulnerabilidade.

A %d blogueros les gusta esto: