Conciertos 03/22/2019

Proxecto El Velcro e o Hard GZ esta fin de semana na Tribuna Pública, no marco do Festival de Poesía Alguén que respira!

by Victor Lamela

Esta fin de semana chega a seu fin o II Festival de Poesía Alguén que respira! que por primeira vez se celebrou simultaneamente nas cidades de Compostela e A Coruña. A programación da fin de semana do Festival de Poesía Corpo de Tribuna que se está a celebrar na Tribuna Pública acollerá a actuación de Pablo X Suárez e Dudu no seu proxecto El Velcro mañá sábado ás 20.00 horas, e o domingo o concerto de Hard GZ, o último fenómeno emerxente do rap internacional.

Sábado 23 de marzo- 20.00 horas

El Velcro. Pablo X. Suárez [Siero, 1981] e Dudu García[Xixón, 1994]

El Velcro é o proxecto de spokenword electrónico froito do encontro entre o poeta e rapsoda Pablo X. Suárez e o múlti-instrumentista e productor Dudu García. Texturas techno que coquetean cos ritmos sincopados do d’n’b ou do dubstep arroupan a psicodelia costumista duns textos inzados de imaxes sorprendentes e ironía atlántica. Himnos á decadencia desde as marxes de Occidente, entoados en asturianu común desde o oculto corazón de Asturies Underground.

Pablo X. Suárez é filólogo e especialista en lingua asturiana. Como rapsoda organiza desde 2009 a Timba Poétika, encontro nómada e disperso, ademais de promover o festival de poesía oral, performance e verbena Sacavera Sound. Publicou os poemarios Pop Retórika [2009] e Cómo evitar el apocalipsis [2016] en castelán, e en asturianu Asturiana Beat [2005], El sistema débeme una chocolatina [2011] e Little Babilonia[2018], co que obivo o premio Xuan María Acebal de Poesía da Conseyería de Cultura del Principáu d’Asturies ao mellor poemario en lingua vernácula [2017]. A súa obra narrativa está reunida no volumen de relatos Yoni y yo [2010], Premiu de la Crítica d’Asturies en 2010.

Dudu García é produtor de música electrónica baixo o alcume de Abysal. Multinstrumentista, foi parte tamén da formación folk Cuchu.

Domingo 24 de marzo- 20.00 horas

Concerto de Hard GZ

Pedro Ruibal, máis coñecido como Hard GZ é un cantante coruñés de rap e hip hop. Fai parte de (xunto a outros cantantes como Anier, Erin ou Romad, ou Djs como DjTrape, produtores e o iniciador de todo o proxecto, Tatá) unha especie de empresa denominada “Utopía do Norte”.
Hard GZ comeza a súa aventura de cantante aos 16 anos xunto a Tatá como representante. En outubro de 2014 lanza o seu primeiro disco, “Virus”, trece temas cubertos con grandes colaboracións con Kaze, Arce, Deflow ou Puto Longo. O seu segundo traballo “Nictofilia” foi publicado en 2015. O nome deste disco é elixido pola etapa na que o cantante vivía escribindo na súa cama ou saíndo de festa.

Un ano despois, crea o seu novo disco “Kaos Nómade”, ao que lle seguen outros dous co mesmo nome, pero diferentes volumes. Neste primeiro volume, lanzado en 2016, mostra cancións como “2000 cravos” ou ” Shameless“, producida por Dj. Figu xunto a unha única colaboración, Lstress, o seu principal acompañante de concertos durante a xira. Para o desenvolvemento destes videoclips emprende unha viaxe por diferentes países como Portugal, Francia e Italia, onde grava algún dos seus videoclips e subtitúlaos en cada un dos idiomas. En Vol.2 comeza coa publicación de “Cae a Noite”, xunto a Dollar, e séguenlle outras como “Hereditario”, “Imos vendo” ou “Segredos”

Hard GZ, ademais de cantante, axudou á ECODESARROLLOGAIA na construción dunha biblioteca en Senegal. Para iso, emprendeu unha campaña de crowfunding na cal sortea unha marioneta artesanal co aspecto do artista protagonista deste videoclip. Unha vez conseguido o diñeiro incial para a contrucción, marchou a Senegal xunto á ONG para achegar o seu granito de area en axuda a estes nenos e para empezar coa construcción da biblioteca. Este ano sacou o seu Vol.3 de “Kaos Nómade” con cancións como “Filosofía”, “O meu mundo” (xunto a Akila) ou “Guerra”, nas cales mostra a súa opinión e sentimento acerca do vivido e descuberto das persoas máis pobres, denunciando estas inxustizas. Nesta nova xira, xunto Dj. Trape, ademais de visitar algunas ciudades españolas, percorre o mundo por cidades como París, Milan, Xenebra, Hamburgo, Londres, Oporto ou Bos Aires.

A %d blogueros les gusta esto: