coruna 22/11/2019

Quero Cantar chega a súa final este domingo no Teatro Colón

by Victor Lamela

O Quero Cantar, o certame de música infantil e xuvenil convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, celebra a gala final o próximo domingo día 24 de novembro a partir das 17.30 horas no Teatro Colón. O acto é de acceso gratuíto con convite, que pode recollerse na billeteira do propio teatro os días de función ou reservarse no enderezo querocantar@querocantar.gal, até completar o aforo.  Magín e a Banda das apertas actuarán como convidados nunha gala que presentará Sole Felloza.

As bandas infantís Baroubanda, de Ames; A música das baleas, de Caión, e Rap-osiños, de Laxe abrirán a gala este domingo en que se decidirán os grupos ou solistas que gañarán a cuarta edición do certame Quero Cantar da Deputación da Coruña. A seguir tocaralle a quenda ás propostas  que quedaron finalistas na categoría xuvenil, Veiga, de Sada; Isma Kalo, da Coruña e Noa, de Vila de Cruces. Todas as cancións que se escoitarán ao vivo na gala final do concurso foron previamente difundidas a través das redes sociais de Facebook e Twitter do certame.

Unha vez rematadas as actuacións finalistas do concurso, e antes da entrega de premios, pechará a festa o músico Magín Blanco e a súa Banda das Apertas. A contacontos, actriz e fotógrafa Sole Felloza será a presentadora desta nova edición da gala final do Quero Cantar.

“O Quero Cantar é xa un concurso consolidado e unha proposta singular de música infantil e xuvenil na nosa lingua e a gala final é en cada edición unha festa con cancións en galego, por iso, convid

O xurado deste certame está composto por nenas e nenos e os premios aos que optan os concursantes son de 1500 € e mais un videoclip para os gañadores de cada categoría, e de 1000 € e 500 € para os segundos e terceiros clasificados respectivamente en ambas as categorías.

Tras esta final, a Deputación edita cada ano un disco recompilatorio con dez cancións que se distribúe a centros educativos de toda Galicia. Desde a área de Cultura da entidade provincial salientan como un dos obxectivos do certame o de dar visibilidade a todo o traballo que se realiza nos centros educativos, nas escolas de música ou nas asociacións e recoñece e quere agradecer o esforzo que realizan as e os docentes, o propio alumnado e en moitos casos tamén as familias para poder manter activos estes proxectos. 

A %d blogueros les gusta esto: