Uncategorised 06/05/2020

R compensará pola incidencia de onte os seus clientes con 20 gigas de datos extra gratis en todas as súas liñas de móbil R

by Victor Lamela

Lamentamos moitísimo os trastornos que lles teña causado este problema técnico aos nosos/as clientes/as no día de onte e pedimos as nosas máis sinceras desculpas a todos/as eles/as, asegurou Alfredo Ramos, Director Comercial Masivo de R e do Grupo Euskaltel”.

Ramos comentou tamén que “durante o estado de alarma tentamos en todo momento facilitar as comunicacións aos nosos/as clientes/as regalándolles, entre outras cousas, bonos de datos para conectarse e navegar, o cal, esperamos, puidese minorar aínda que tan só sexa un pouco, os inconvenientes da incidencia de onte no noso servizo de internet”.

Alfredo Ramos engadiu que “sabemos que é case imposible compensar o tempo que os nosos clientes estiveron sen servizo, pero a nosa maneira de pedir desculpas nesta ocasión será regalarlles outro bono de datos de móbilR aos nosos/as clientes/as”.

A compensación consiste nun bono de 20 gigas de datos extra gratis para todas as liñas de móbilR que estará dispoñible a partir de mañá. O cliente non ten que facer nada para activalos, disporá deles automaticamente e poderá utilizalos durante un mes.

 

 

Esforzo permanente por garantir a conectividade e a calidade do servizo

O equipo de profesionais de R está a centrar a súa atención dende o comezo do estado de alarma en pór os seus servizos de telecomunicacións a disposición dos/as usuarios/as, que demandan, por unha banda, maior conectividade nos seus dispositivos para teletraballar e manter conversacións telefónicas ou videoconferencias cos seus familiares e amigos e, por outro, máis contidos de lecer, sobre todo de televisión.

Ramón Rodríguez, Director de Operación e Desenvolvemento de rede de R asegurou que “os traballos de mellora da rede de Rprovocaron onte unha incidencia técnica que deixou sen servizo de internet durante unhas horas a clientes do operador galego na comunidade. Seguiremos a traballar arreo para optimizar as inxentes posibilidades da nosa rede de fibra óptica e continuar ofrecendo un servizo de calidade, coma sempre fixemos”

O problema no servizo de internet de R produciuse ás 13:00 h e comezou a recuperarse a partir das 14:00 h gradualmente ata as 18:00 h da tarde. Durante o tempo que durou a incidencia o servizo seguiu funcionando parcialmente pero producíronse cortes aleatorios en distintos puntos da rede.

A %d blogueros les gusta esto: