coruna 8th febrero 2019

R, Premio Galicia TIC pola súa aceleradora startups R DiCo Challenge

by Victor Lamela

R vén de ser elixida “Mellor empresa tractora” de proxectos innovadores nos Premios Galicia TIC 2019 que se entregaron onte, promovidos polo Clúster TIC e máis o evento de networking Laconnetwork.

O Director Xeral de R, Alfredo Ramos, recolleu o galardón no Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña (Palexco) e agradeceu este recoñecemento ao traballo desenvolvido ata a data polo operador galego -en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia- para lanzar a nova aceleradora dixital de R startups R DiCo Challenge.

Ramos salientou que o obxectivo de R é “xerar emprego, fomentar o emprendemento e a innovación tecnolóxica e aproveitar as iniciativas para mellorar os produtos e servizos do sector dos contidos dixitais en Galicia”.

cinco retos para cinco ideas

Hoxe mesmo péchase o prazo de presentación de proxectos para algún dos 5 retos que se lanzaron ao fío do programa startups R DiCo Challenge e deseguido comeza a etapa de selección da que sairán vinte ideas que pasarán á fase de preaceleración. Todas elasparticiparán en marzo nunha xornada de “pitching” ou exposición e defensa que cada aspirante fai da súa iniciativa e rematarase coa elección dos cinco proxectos definitivos para a fase de aceleración.

As candidaturas presentadas ata a data proceden de startups e emprendedores, pequenas
e medianas empresas e mesmo algún centro tecnolóxico e universitario. A meirande parte son iniciativas galegas, aínda que tamén hai proxectos doutras partes de España e mesmo de Portugal e, agás excepcións, case todas van aliñadas cos retos lanzados: enriquecemento de contidos deportivos, desenvolvemento de aplicacións para Android TV (gaming), contidos formativos e divulgativos innovadores e solucións de Big Data aplicadas ao consumo televisivo.

A %d blogueros les gusta esto: