coruna 03/07/2020

Recortes Cero e Espazo Común defende unha Alcoa pública e xestionada polos traballadores

by Victor Lamela

A candidata á Xunta de Recortes Cero –  Espazo Común – Os Verdes –  Municipalistas reuníronse hoxe co Comité de Empresa de Alcoa na Coruña para trasladarlles o seu apoio. Hai unha semana fíxoo co de Lugo e na reunión de hoxe reafirman o seu apoio.

Pastora Fernández sinalou que “non é coincidencia que nos reuniramos co Comité de Empresa de Lugo e agora co da Coruña, porque a defensa de Alcoa é a defensa da industria galega e a de todo o país”.  

Recortes Cero –  Espazo Común – Os Verdes –  Municipalistas defende que se o capital se vai, a empresa debe manterse en Galicia, “débeo facer a Xunta e apoialo o goberno de Madrid, e así converter Alcoa nunha empresa pública xestionada en colaboración cos traballadores”. Segundo Fernández ceder con Alcoa non é perder unha soa empresa, “é unha forma de entender Galicia”.

A candidata á Xunta da coalición considera que Galicia necesita un proceso de  reindustrializacion que debe levar adiante cun fondo asinado con capital das entidades rescatadas, “como  Novagalicia, o que xeraría centos de miles de novos postos de traballo estables e de calidade”.

Á reunión acudiron tamén a cabeza de lista pola Coruña, Sara Puga, e Jordi  Blengua, segundo por Lugo e candidato de  Espazo Común.

Os candidatos da coalición insistiron en que “Feijóo non ofrece alternativas claras para recuperar e renovar o tecido industrial galego, nin tampouco toma medidas #ante o peche de empresas, a isto hai que engadir as debilidades estratéxicas da industria galega e a súa dependencia  dun sector automobilístico que ten os seus centros de decisión fóra de España”.

Pastora Fernández concluíu reafirmando o seu compromiso con “unha política financeira de investimento, e non a política de subvencións de Feijóo que acaba servindo aos intereses das multinacionais, no canto de xerar postos de traballo directos vinculados á recuperación da industria, e por tanto de calidade, estables.

A %d blogueros les gusta esto: