Uncategorised 05/10/2019

RODRÍGUEZ ZAPATERO PARTICIPA O SÁBADO EN AS PONTES NA PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DE VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO

by Victor Lamela

O expresidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero e o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participarán o sábado, 11 de maio, ás 12.30 horas, no Cine Alovi de As Pontes,na presentación da candidatura socialista da localidade, liderada polo actual alcalde pontés e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

A candidatura socialista combina caras moi coñecidas e cunha ampla experiencia no goberno municipal de As Pontes, coma Antonio Alonso (número 2), Ana Pena (3), Antonio Castro (5) ou Chicho Tembrás (9) con novas incorporacións procedentes do tecido asociativo da localidade e de diferentes eidos profesionais coma María Tania Pardo Cabarcos (número 4. Diplomada en Educación Social que traballa na Asociación A Xanela e formou parte de diferentes AMPAS do municipio), Elena López (nº 7) experta en Protocolo e Imaxe corporativa e adestradora do Club Baloncesto As Pontes; Lorena Tenreiro (nº 8), doutora en Publicidade pola Universidade de Vigo; Pancho Franco (nº10), cunha dilatada traxectoria no eido do asociacionismo deportivo e cultural da vila; María del Rosario Méndez (nº11), doutora en Química Industrial pola USC e técnico da FAEPAC ou José Ramón Alonso Martínez (nº 12), xubliado de Endesa e presidente da Asociación de Veciños da Cuíña. Lara Bouza, Sonia Vilaboy, Víctor Vázquez, Juan Carlos Romero completan unha lista que pecha a recén elixida deputada no Congreso polo PSOE, Montse García Chavarría.

Suplentes de luxo

A lista conta tamén con suplentes de luxo coma Sonia Sueiro, licenciada en Belas Artes e unha das artífices da revolución cultural que experimentou a vila nos últimos anos; Rubén Rivas, Sandra Martínez, Iván Tojeiro, Vanesa Pernas, Fidelina Montero, Beatriz López, Jaime Pablo Díaz (director de Nova Galega de Danza), José Luis Varela e Senén Barro, exreitor da USC e director científico do CiTIUS, que pecha a candidatura.

Candidatura

  1. Valentín González Formoso
  2. Antonio Alonso
  3. Ana Pena
  4. María Tania Pardo Cabarcos
  5. Antonio Castro
  6. Vicente Roca
  7. Elena López
  8. Lorena Tenreiro
  9. Chicho Tembrás
  • Pancho Franco
  • Maria Rosario Méndez
  • José Ramón Alonso
  • Lara Bouza
  • Sonia Vilaboy
  • Juan Carlos Romero
  • Montse García Chavarría

Suplentes:

  • Sonia Sueiro
  • Rubén Rivas
  • Sandra Martínez
  • Iván Tojeiro
  • Vanesa Pernas
  • Fidelina Montero
  • Beatriz López
  • Jaime Pablo Díaz
  • José Luis Varela
  • Senén Barro
A %d blogueros les gusta esto: