Exposición 20th junio 2019

Santaia presenta o vindeiro sábado en Santa Cruz o seu espectáculo etnográfico “Madriña”, dedicado a Esther Pita

by Victor Lamela

O vindeiro sábado, 22 de xuño, ás 22.00 h., o Grupo de Baile e Gaitas Santaia, de Santa Cruz (Oleiros) ofrecerá na praza de Esther Pita, no centro da localidade, un espectáculo etnográfico co que pretende dar un paso máis no seu traballo de recuperación da tradición folclórica de Galicia, deténdose nas particularidades da música e o baile de diversas áreas xeográficas da nosa Comunidade.

Para iso, presentará unha escolma de pezas musicais e de baile tradicional, coma xotas, maneos, muiñeiras, foliadas, pasodobres, etc, recollidos en diversos puntos da nosa comunidade. O evento estará dedicado a Esther Pita, madriña de Santaia, finada o pasado mes de febreiro.

ESPECTÁCULO ETNOGRÁFICO “MADRIÑA”

Data: Sábado, 22 de xuño

Hora: 22.00 h.

Lugar: Praza Esther Pita – Santa Cruz (Oleiros)

(En caso de choiva, o espectáculo trasladariase á Pista polideportiva Meixonfrío)

Intervén: Grupo de Baile e Gaitas Santaia

A %d blogueros les gusta esto: