coruna 20/02/2021

Seguridade Cidadá e Educación repartirán 20.000 máscaras nos institutos e centros de FP

by Victor Lamela

Os concelleiros de Seguridade Cidadá e o de Educación, Juan Ignacio Borrego e Jesús Celemín, entregáronlle 1.300 máscaras á directiva do IES Eusebio da Garda, dentro dunha campaña de apoio a institucións e centros escolares organizada por Seguridade Cidadá. No acto tamén participou o delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e varios efectivos de Protección Civil. Despois de que a concellería lles achegara a semana pasada 10.000 unidades máis a distintas entidades sociais da cidade, Borrego explicou que a repartición nos centros formativos se efectuará segundo os criterios establecidos por Educación. Así, as 20.000 máscaras distribuiranse, segundo Celemín, polos 16 institutos públicos e os catro centros de Formación Profesional que hai na Coruña en función da capacidade de cada un. Deste xeito, os de maior número de alumnado recibirán 1.300 e os que teñan menos matriculado obterán 800.

O concelleiro recordou que non é a primeira iniciativa deste tipo que se realiza por parte do Concello, que xa interveu anteriormente nas escolas coa repartición de máscaras, hidroxeles e botellos de uso individualizado para o estudantado de Primaria. Celemín destacou que xestos así reforzan a seguridade dos colexios e contribúen a unha maior concienciación da comunidade escolar sobre a importancia de lle facermos fronte á pandemia con todos os recursos posibles.

A %d blogueros les gusta esto: