Uncategorised 30/07/2015

SETE CLUBES DE REMO DA PROVINCIA DISPUTAN O DOMINGO EN RIBEIRA A XXVI EDICIÓN DA BANDEIRA DE TRAIÑAS DEPUTACIÓN DA CORUÑA

by Victor Lamela

Sete clubes de remo da provincia disputarán este domingo en Ribeira a tradicional Bandeira de Traiñas da Deputación da Coruña, que este ano chega á súa vixésimo sexta edición.

O evento foi presentado esta mañá, na sede da institución provincial, polo deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, e o presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas Galán.

unnamed

García Liñares destacou que, ao longo de todo o litoral coruñés, “o remo é, máis que un deporte, unha tradición de gran arraigamento”, como proba o feito de que a práctica das traíñas “incorpore cada ano a novas xeracións de remeiros que comezan nesta práctica deportiva e levan con orgullo o nome da súa embarcación e do seu pobo”: Neste sentido, apuntou que a intención da Deputación é “apoiar económicamente aos clubes de remo da provincia e fomentar a afición” a esta “esixente” disciplina, que practican “homes de ferro en barcos de madeira”

Pola súa banda, José Manuel Seijas agradeceu a longa traxectoria de colaboración coa Deputación para manter durante 26 anos este clásico das competicións de traíñas e destacou o importante apoio que supón para os clubes.

A Bandeira de Traiñas Deputación da Coruña disputarase o domingo 2 de agosto, a partir das 12.00 horas, entre o porto de Ribeira e a praia de Coroso, o que facilitará unha boa visibilidade da proba, cun precorrido total de 3 millas náuticas (5.556 metros), distribuido en 6 largos de 926 metros e 5 ciabogas.

Os clubes participantes nesta edición son: Club de Regatas Perillo, Club de Remo de Rianxo, Centro Deportivo Mariñeiro de Mera, Club de Remo de Cabo de Cruz, Club do Mar de Mugardos, Club de Remo de Ares e Club de Remo Puebla, que se repartirán un total de 13.050 euros en premios.

Todos os clubes recibirán unha compesación económica por participar na competición, que será maior segundo o posto que acaden na clasificación. Así, o gañador da Bandeira levará un premio de 3.200 euros, o segundo clasificado de 2.000 €, o terceiro de 1.800 €, o cuarto de 1.600 €, o quinto de 1.400 €, o sexto de 1.200 € e o sétimo clasificado de 1.000 euros.

A %d blogueros les gusta esto: