Uncategorised 20th febrero 2018

“TRANVÍAS TACHA DE INVIABLE INCREMENTAR ÁS LIÑAS ÓS POLÍGONOS INDUSTRIAIS”

by Victor Lamela

As AAVV mandan o seguinte comunicado:

Dende as AAVV DE:
As revoltas, Atochas Monte Alto, Bens, Breogán, Labañou, Los Rosales, Loureiro de Visma, Morás, ValleSur Los olivos, Ventorrillo, Oza Gaiteira e Novo Mesoiro tras unha publicación de prensa do mércores 14 de febreiro na que A Compañía de Tranvías tachaba de inviable incrementar as liñas cos polígonos comerciais manifestamos que:
“TRANVÍAS TACHA DE INVIABLE INCREMENTAR ÁS LIÑAS ÓS POLÍGONOS INDUSTRIAIS”
Dende as nosas asociacións de Veciños de A Coruña e arredores non entendemos a idea de “inviable”, xa que vai vinculada a unha rendabilidade económica e iso é inacepable porque estamos a falar dun servizo público.
O fomento do uso do transporte público debe ser unha prioridade por parte das administracións. O transporte colectivo reduce a contaminación das cidades, desconxestiona o tráfico aforrando tempo nos desprazamentos e consume moita menos enerxía. O uso do autobús, metro lixeiro e outros medios colectivos de transporte, reporta beneficios para a cidadanía, beneficios económicos, sociais e medioambientais. Impulsar o seu uso é fundamental para conseguir unha mobilidade sostible. É necesario que se faga un plan integral de mobilidade, facendo a realización dun estudo de todas as liñas existentes en toda a mancomunidade dos concellos de A Coruña e arredores, apostando polos desprazamentos en transporte colectivo ou por outros medios non contaminantes, desprazamentos a pé ou en bicicleta, tomando medidas que eviten o incremento de coches nas cidades. Como temos repetido en moitas ocasións, os barrios e as cidades deben estar pensadas para as persoas e non para os coches. Dende parte do movemento veciñal ante o lamentable transporte público do que dispoñemos, instamos ao Concello a mellorar este servizo, aumentando as frecuencias e as liñas pois é inexplicable que haxa conexións moi deficientes con algúns puntos como os polígonos industriais e hospitais. Tamén unha vez mais vemos como o goberno municipal toma decisións sen consultar nin ter en conta a opinión da veciñanza, xerando molestias e prexuízos na cidadanía. Dende as nosas agrupacións veciñais instamos ao goberno municipal a que antes de facer modificacións como as que están a facer agora, presente un plan de mobilidade para todos os barrios, e que dito plan sexa consensuado coa veciñanza. Un plan que contemple todos os modos de desprazamento, fomentando o transporte colectivo, non só a bicicleta. O resto é poñer parches para non dar arranxado os problemas.
A %d blogueros les gusta esto: