Trafico 12/09/2018

TRES CONDUTORES DENUNCIADOS POR DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA POR CHOCAR TODOS ELES CONTRA VEHICULOS ESTACIONADOS NA PRAZA DE OURENSE

by Victor Lamela

– Un condutor denunciado ante o xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas, estando implicado nun accidente de circulación sen feridos da clase “choque contra obstáculo fixo” ocorrido ás 01:40 horas na Praza de Ourense, no que se viron implicados dous vehículos da clase turismo. O condutor foi denunciado ao dar positivo nas probas de alcoholemia ás que se someteu, cun resultado de 0,52 e 0,53mg/ l.. O vehículo foi inmobilizado e trasladado ao depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

– Un condutor denunciado ante o xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas estando implicado nun accidente de circulación sen feridos da clase “choque contra obstáculo fixo” ocorrido ás 02:25 horas na Praza de Ourense no que se viu implicado un vehículo da clase turismo. O condutor foi denunciado ao dar positivo nas probas de alcoholemia ás que se someteu, cun resultado de 0,65 e 0,68 mg/ l. O vehículo foi inmobilizado e trasladado ao depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

– Un condutor denunciado ante o xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas estando implicado nun accidente de circulación sen feridos da clase “choque contra obstáculo fixo” ocorrido ás 05:00 horas na Praza de Ourense, no que estaba implicado un só vehículo da clase turismo. O condutor foi denunciado ao dar positivo nas probas de alcoholemia ás que se someteu, cnn resultado de 0,67 e 0,64mg/ l. O vehículo foi inmobilizado e trasladado ao depósito municipal como medida cautelar de seguridade viaria.

A %d blogueros les gusta esto: