coruna 05/20/2019

Tribuna Pública celebra o Debate sobre o Bordo Litoral en colaboración coa Escola T.S. de Arquitectura de A Coruña

by Victor Lamela

Tribuna Pública celebra hoxe, en colaboración coa Escola T.S. de Arquitectura de A Coruña, un debate sobre o bordo litoral no que participarán forzas políticas municipais e primeira fila de expertos, institucións portuarias e asociacións cidadáns.

Tal e como explica o coordinador xeral de Tribuna Pública, Juan de Nieves, “trátase de xerar un debate construtivo e coral –tamén plural- sobre a cuestión do bordo litoral, que consolide e achegue novas aproximacións sobre un dos temas centrais na configuración urbanística e social da cidade para as próximas décadas. O obxectivo fundamental é o de informar e transmitir á cidadanía sobre a relevancia deste debate, así como de estimular a súa participación e implicación”.

O debate dará comezo na instalación temporal de Tribuna Pública, na Praza da Fábrica de Tabacos, ás 19.00 horas e nel participarán as seguintes forzas políticas do arco municipal:

  • Xiao Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, (Marea Atlántica)
  • Martín Fernández Prado, concelleiro do Partido Popular coruñés
  • Yoya Neira, portavoz del grupo municipal del PSDEG – PSOE
  • Avia Veira, portavoz del grupo municipal del BNG

 

 

No debate de hoxe, que estará moderado por Enrique Seoane  e  Alfonso Díaz Revilla (do Área de urbanismo e ordenación do territorio da ETSA da Coruña),  tamén participarán os seguintes expertos:

  • Óscar Pedrós, membro da xunta directiva da delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
  • Leticia Gutierrez Becker, Doutora en Bioloxía, área Ciencias da Terra e do Medioambiete
  • Juan Carlos Corrás, Presidente de LONJA LA CORUÑA S.A. concesionaria da Lonxa da Coruña
  • Marcelino Abuín, historiador
  • Carlos Nárdiz, Inxenieiro de Caminos, Canales e Portos, e profesor de Urbanismo e Ordenación do Territorio na UDC
  • Xan Casabella, Arquitecto e veciño dos Castros
  • Emilio Vega, Comisión aberta en defensa do Común
A %d blogueros les gusta esto: