coruna 03/15/2019

Tribuna Pública entrega este sábado aos traballadores de ALCOA a peza audiovisual “Os Rostros de Alcoa

by Victor Lamela

O coordinador xeral de Tribuna Pública,  Juan de Nieves, fará entrega mañá 16 de marzo na Tribuna Pública a peza resultante da acción realizada por un centenar de traballadores da fábrica de Alcoa o pasado 24 de marzo,  consistente na participación individual de cada traballador na que expresaron as súas reivindicacións co obxectivo de humanizar esta problemática laboral colectiva. Estas intervencións, gravadas in situ polo realizador Juan Lesta, foron convertidas nunha peza audiovisual homónima, “Os rostros de Alcoa, que será difundida nos medios de comunicación e nas redes sociais.

Previsión informativa

Tribuna Pública: Praza da Fábrica de Tabacos- A Coruña

Sábado 15

12.00 horas

Acción-OS ROSTROS DE ALCOA

A %d blogueros les gusta esto: