Exposición 03/21/2019

TRIBUNA PÚBLICA FESTIVAL DE POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL- ALGUÉN QUE RESPIRA!

by Victor Lamela

Alguén que respira!, o Festival de Poesía para Corpo Principal que impulsa a Concellería de Cultura de Compostela, celebra a súa segunda edición nos vindeiros días en Santiago de Compostela e nesta edición contará cun segundo escenario en A Coruña, na Tribuna Pública sita na Praza da Fábrica de Tabacos.

Tribuna Pública acollerá os días, 21, 22, 23 e 24 de marzo a celebración dun certame de slam, e recitais do poeta chileno Raúl Zurita e Pablo X Suárez e Dudu, e como colofón o domingo concerto de Hard GZ.

A programación é a seguinte:

Xoves 21 – 19.00 horas Slam (batalla entre poetas)

Esther Carrodeguas, condutora do slam

Juanma LoDo (música)

Participantes:

  • Celia Parra
  • Carmen Conde
  • Vanessa Glemssel
  • Iolanda Zúñiga
  • Luix Kaf
  • Duke Sam
  • Clara Gayo
  • Silvia Casal

 

Venres 22- 20.00 horas

Raúl Zurita

Sábado 23- 20.00 horas

Pablo X Suárez e Dudu

Domingo 24-20 horas

Hard GZ en concerto

A %d blogueros les gusta esto: