coruna 06/08/2020

ULTIMA HORA: A Policía Local desaloxa un establecemento por non cumprir as medidas sanitarias e de seguridade

by Victor Lamela

Axentes da Policía Local desaloxaron esta mañá a clientela dun local de ocio nocturno na rúa Socorro, no barrio do Orzán, por incumprir as medidas sanitarias e de seguridade decretadas polas autoridades sanitarias fronte á COVID 19. A actuación formaba parte dun dispositivo de control de establecementos en que participaron 14 axentes co obxectivo de vixiar que se cumpra a normativa.

A clientela que se atopaba no local nin gardaba as distancias de seguridade nin levaba posta máscaras. Ademais, o local carecía de licenza para reproducir música e permitir o baile no seu interior, e non dispoñía dun control de accesos.

Ademais das tres denuncias impostas ao responsable do establecemento, a Policía Local denunciou a varias persoas por non levaren máscara e non gardaren a distancia de seguridade. Así mesmo, incautaron unha arma branca e droga a dous clientes e trasladaron a unha muller a dependencias policiais para ser identificada.

A %d blogueros les gusta esto: