Sucesos 22nd enero 2019

UN DETIDO EN RELACIÓN A UN ATROPELO CON FUGA DO 3 DE XANEIRO

by Victor Lamela

Despois das averiguacións e comprobacións realizadas por membros do equipo de atestados e investigacións de accidentes da Policía Local, localizouse o vehículo que se deu á fuga tras un accidente ocorrido o pasado 3 de xaneiro na estrada Santuario de Santa Xema, no que un peón de 90 anos foi atropelado e quedou ferido grave. O vehículo atopábase estacionado nunha finca privada no municipio de Culleredo. Tamén foi localizado e identificado o condutor, V.J.R.B., de 56 anos e domiciliado na Coruña, o cal non é o propietario do coche pero que no momento dos feitos conducía o vehículo por motivos de traballo. A Policía Local informoulle dos feitos que se lle imputan e tomoulle declaración como investigado por un posible delito contra a seguridade viaria.

A %d blogueros les gusta esto: