Sucesos 03/05/2019

UN DETIDO POR UN DELITO DE VIOLENCIA DE XÉNERO

by Victor Lamela

Ás 22.48 horas do día 4, a Sala do 092 recibiu unha chamada telefónica denunciando unha agresión entre unha parella na zona de Peruleiro. Ata o lugar desprazáronse dúas patrullas que se entrevistaron cun home ao que se atoparon no portal saíndo da vivenda e quen mostraba claros síntomas de embriaguez e dicía “que non fixera nada e que só se “defendeu”. A segunda patrulla subiu á vivenda e entrevistouse coa súa parella. A muller manifestou que o home se presentara no seu domicilio na mañá do mesmo día con matala e esnaquizar o seu coche. Os pais da muller, que estaban domicilio, conseguiron que marchara do lugar. Na noite do mesmo día, este home volveu ao domicilio chegando a forcexar coa muller, causándolle dous cortes pequenos na parte posterior do beizo superior e inferior. As patrullas procederon á detención deste home de 28 anos, informándolle dos seus dereitos constitucionais e sendo trasladado a dependencias policiais para a súa posta a disposición xudicial quedando custodiado nos calabozos policiais.

A %d blogueros les gusta esto: