Sucesos 04/23/2019

Un home estaba a tentar vender unha escopeta na Rua Barcelona

by Victor Lamela

Ás 19.20 horas do 21 de abril, unha patrulla trasladouse á rúa Barcelona onde un home estaba a tentar vender unha escopeta de balines na vía pública. Xa no lugar, a dotación localizouno no cruzamento coa rúa Alcalde Lens e requeriulle que se identificara. O home manifestou non ter documentación polo que foi trasladado a dependencias policiais, onde se comprobou que sobre este home, de 35 anos, pesaba unha orde de reclamación xudicial. Foi detido e posto a disposición do xulgado de instrución da Coruña.

A %d blogueros les gusta esto: