Teatro Colon 8th abril 2018

Un programa amplo e variado protagonizará o último trimestre do Teatro Colón con xestión da Deputación da Coruña

by Victor Lamela

A vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o coordinador, Xosé Aldea, presentaron en rolda de prensa a programación do Teatro Colón no último trimestre de programación propia. Ademais da destacada presenza do cine, o humor, a danza, a música e as representacións teatrais, o programa inclúe a posibilidade de coñecer o teatro por dentro a través de visitas guiadas nun programa único nos centros teatrais galegos.

Un programa de espectáculos “amplo, variado e destinado para todos os públicos pechará a xestión do Teatro Colón por parte da Deputación da Coruña, antes de que o vindeiro 2 de xullo pasará a mans do Concello da Coruña.

Durante a súa intervención, Goretti Sanmartín enumerou o conxunto de espéctaculos que durante os meses de abril, maio e xuño se darán cita sobre o escenario do Colón do que destacou a súa variedade de xénero e de propostas de calidade que “contribúe a dignificación da cultura galega”.

A vicepresidenta da Deputación destacou na “grande expectación” que posúen moitos dos espectáculos programados para este segundo trimestre e apuntou que “o cinema terá un grande protagonismo”, polo que, dalgunha maneira “o Colón volta as súas orixes”.

Nomeadamente, a presenza do xénero cimatográfico no Colón comeza mañá mesmo co estreo do filme “Nove de novembro”, a primeira película de temática LGTBI rodada en lingua galega que chega da mán do director Lázaro Louzao. Ademais, o vindeiro 20 de maio a “Mostra Internacional de Cinema Infantil” que achegará á cidade da Coruña unha selección de filmes infantís que participaron no Festival Internacional de Cinema Infantil que se desenvolveu no concello de Ames, da mesma maneira que o teatro acolleu con anterioridade proxeccións de Cineuropa e Curtocircuitos, festivais apoiados desde a Deputación da Coruña.

A oferta audiovisual complétase coa proxección o o vindeiro 26 de maio o documental “Sitio distinto” de Davide Cabaleiro, no que se amosan as diferentes ondas migratorias galegas cara o País Vasco; e “Arte+Muller+Galicia”, unha obra dirixida por Rosario Sarmiento que o 11 de abril exporá ao público o traballo e mailas experiencias vitais de diferentes creadoras galegas.

Do mesmo xeito, o Colón será o escenario da Gala Inaugural da novena edición do “Festival de Cinema Periférico eSe8”, unha mostra internacional que achegará até a Coruña as derradeiras creacións cinematográficas contemporáneas.

Un teatro aberto 

Pola súa parte, o coordinador do Teatro, Xosé Aldea, puxo o foco na novidosa iniciativa que supón poder visitar o interior do teatro Colón e coñecer as súas particularidades, un proxecto, apuntou “co que os visitantes poderán coñecer as entrañas do teatro”.

A oferta musical inclúe o póximo 25 de abril con motivo da efemérida da Revolución dos Cravos en Portugal, Gonçalo Guerreiro e diferentes músicos da Coruña  levarán a cabo o “Concerto Lisboa”, no que se presentará un repertorio de temas elaborados a partir dos poemas de Fernando Pessoa.

Cabe destacar tamén o concerto de Ensemble 430, o próximo 22 de abril, no que a violinista Russanda Panfili, a violista, Dana Zemstsov e compositor Marcelo Nisinman interpetarán algunas das obras máis recoñecidas do arxentino Astor Piazzola.

Entre os actos preparados para este segundo trimestre, insírese a programación especial deseñada para conmemorar o Día das Letras Galegas. Deste xeito, o día 17 de maio o Colón lembrará a figura de Maria Victoria Moreno, escritora homenaxeada este ano no día grande da literatura galega.

A homenaxe á cultura tradicional galega será tamén protagonista o evento do  21 de abril “Sete varas, un refaixo”. Un evento de carácter etngráfico  en que desfilarán 45 traxes tradicionais acompañados por música galega.

Só un día antes, o 20 de abril, terá lugar a Gala Final Youtubeir@s 2018 (20 de abril), un evento no que se fara entrega de premios aos mellores vídeos presentados na que xa é a segunda edición do certame.

Xunto coas  recoñecidas “Matinais do Colón” adicadas ao público infantil, o humor, a danza e o teatro, o Colón completa a súa oferta trimestral coa novidade de ter a posibilidade de poder coñecer o teatro por dentro, a través das dúas modalidades de visitas guiadas -escolares e  público xeral-, e  coas que se poderán descubrir alguns dos segredos que garda os espazos dun salón que este ano cumpre 70 anos.

Poden consultar máis información sobre a programación do Teatro Colón na seguinte ligazón:

http://www.teatrocolon.es/

A %d blogueros les gusta esto: