coruna 08/07/2019

Urbanismo traballa na reparcelación do Ofimático para axilizar a segunda fase de urbanización

by Victor Lamela

O concelleiro de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, e a concelleira de Comercio, Diana Cabanas, acudiron esta mañá a coñecer o novo espazo comercial Lidl, que se abrirá mañá ao público no Parque Ofimático, e que para Villoslada, supón un paso máis no novo polígono e para a súa área de influencia porque nel“xa están vivindo entre 150 e 160 familias e hai que darlles servizos”.

O edil lembrou que o reto fundamental do Goberno Local é que o ano que vén poidan comezar as obras da segunda fase de urbanización: “Hai complexidades, pero estamos traballando niso”.

Por iso, engadiu que neste meses traballarán para rematar con toda a reparcelación co fin de licitar esta segunda fase no menor tempo posible. Neste aspecto, remarcou que a posta a punta do barrio pasou estes días por facer algunhos arranxos que demandaron as cooperativas e as comunidades de veciños, pero “temos que ver o tema dos accesos”.

A superficie comercial dará traballo a 22 persoas, sete máis que as que estaban no Lidl de Alfonso Molina, xa que prevén máis vendas.

O xerente de Inmobles e Expansión de Lidl para Galicia, Luis Biempica, informou aos concelleiros de que se trata dun modelo de tenda diferente, coa incorporación dunha plataforma fotovoltaica para o autoconsumo e dúas prazas de aparcamento, de xeito que os que teñan coche eléctrico poidan cargalo mentres mercan, sendo o primeiro centro galego que dá este servizo. Ademais, destacou a cristaleira da fachada, que permitirá ver a vida interior do negocio e que os clientes manteñan o contacto co exterior.

A %d blogueros les gusta esto: