coruna 09/03/2019

Vegalsa-Eroski apoiará o programa “Cultura Accesible e Inclusiva” da Fundación Emalcsa

by Victor Lamela

A compañía Vegalsa-Eroski renovou o convenio de colaboración coa Fundación Emalcsa para apoiar cunhaachega económica de 18.000 euros o programa “Cultura Accesible e Inclusiva”, quexestiona a entidade municipal. Á sinatura do acordo acudiron o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, e a alcaldesa e presidenta da Fundación Emalcsa, Inés Rey.

A compañía reforza un ano máis o seu apoio ás persoas con diversidade funcional cunha iniciativa que lles achega a cultura e pretende lograr a igualdade de oportunidades no acceso e desfrute das actividades que oferta a cidade. Tamén afonda na eliminación de obstáculos para a plena participación de toda a cidadanía. Desde a empresa queren contribuír a conseguir que as persoas con diversidade funcional poidan desenvolver e empregar todo o seu potencial creativo, artístico eintelectual “xa que cremos firmemente no seu valor engadido para toda a sociedade”, afirman.

Como patrocinador, Vegalsa-Eroski terá presenza en todos os actos de difusión pública e en soportes publicitarios e de comunicación que teñan que ver coprograma “Cultura Accesible e Inclusiva”.

A %d blogueros les gusta esto: