Exposición 07/04/2015

Viñetas desde o Atlántico recupera nesta edición o espazo expositivo do Aquarium

by Victor Lamela

O Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico, que celebra a súa XVIII edición entre o 10 e o 16 de agosto, recupera este ano a colaboración co Aquarium Finisterrae, que acollerá unha das exposicións programadas. O concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, fixo este venres o anuncio durante a inauguración de dúas mostras no mesmo espazo expositivo, a colección de fotografías galardoadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year, F​otógrafos da Natureza 2015,​e Peixes de Tinta,​unha selección de gravados realizados polos artistas locais Esteban Bernárdez e Esteban Fuentes.

unnamed

“O obxectivo da Concellería de Cultura é dar un apoio aos Museos Científicos, entendidos como algo que debeu ser mellor e que pretendemos que o sexa agora. Existen posibilidades de perfeccionamento da actividade para que a ciencia figure dentro dese legado cultural que nos debemos”, indicou o responsable municipal, que valorou o traballo feito nos últimos anos polos traballadores e traballadoras. Tamén, o concelleiro apostou por afondar na interrelación dos centros con outras disciplinas e outras institucións, como o Oceanográfico ou a Universidade, “coa que é necesario retomar o contacto”, dixo.

Na presentación das novas exposicións do Aquarium tamén estivo presente o xefe de servizo dos Museos Científicos, Ángel Loureiro. Delas, o concelleiro sinalou que son bo exemplo do concepto de “cultura científica”, e destacou que en ambas se da unha interrelación de disciplinas, “amosando o contacto da ciencia coas artes”.

A %d blogueros les gusta esto: