Exposición 27th mayo 2015

WALTZ de VOADORA no Fórum Metropolitano de A Coruña

by Victor Lamela

Unha nova función da multipremiada WALTZ da compañía compostelá VOADORA terá lugar este venres 29 de Maio no Fórum Metropolitano de A Coruña dentro do ciclo SEN NUMERAR primavera 2015. A función será a partir das 21.00 h a un prezo único de 6 € máis gastos. (www.ataquilla.com)

Con máis de 30 “bailes” ás costas por escenarios de toda España onde ten colleitado diversos premios en certames e festivais Waltz será presentada na Coruña este próximo venres.

Premio de la Crítica de Galicia 2013
Premio mejor espectáculo IX IndiFest
Premio del público IX IndiFest
Premio mejor actriz IX IndiFest a Marta Pazos
Premio María Casares14 mejor vestuario a Uxía P. Vaello
Espectáculo seleccionado Circuito Red Nacional de Teatros Alternativos 2013

Un espectáculo que fala do amor, do desamor, de parellas de baile que tropezan ou de partenaires cos que bailar eternamente…

Toca agora, despois de ter pasado coa Tempestade polo Teatro Rosalía e coa anterior produción, Tokio3, polo mesmo escenario do Fórum, achegar ao público da Coruña este espectáculo de pequeno formato no que VOADORA invita ao seu público a visitar o seu particular salón de baile. A próxima cita con Waltz será no mes de Xuño no FITEI en Porto.

A crítica ten calificado este espectáculo de sorprendente, imprevisible e realmente innovador, así como tamén do mellor da escena no ano da súa estrea. Un espectáculo que supuxo un argumento definitivo para galardonar á compañía co premio da crítica de Galicia en Outubro de 2013.

Máis información en www.voadora.es

A %d blogueros les gusta esto: