Uncategorised 12th mayo 2019

Xulio Ferreiro advirte de que “nestas eleccións, a Marea loita contra os ladróns de tempo, os que queren que A Coruña retroceda”

by Victor Lamela

O alcalde e candidato á reelección, Xulio Ferreiro, acudiu este sábado á Romaría ​Vivir na Coruña​, organizada pola Marea Atlántica e que manterá a súa oferta de actividades até as 18.00 horas no Paseo das Pontes. O primeiro edil reivindicou que “fronte ás campañas electorais e os discursos baseados na tristeza e na revancha como único argumento, a Marea, coma sempre, está a celebrar a alegría de vivir nesta cidade e de imaxinar esta cidade cara ao futuro”. No marco da súa intervención ante varios centos de veciños e veciñas, o rexedor salientou que a formación municipalista “é a única que se presenta ás eleccións do 26 de maio cun modelo de cidade en construción, cun modelo de futuro”. Así, advertiu de que nos comicios municipais A Coruña “xógase seguir cara adiante ou non”. “Nestas eleccións, os nosos rivais propoñen retroceder. Queren quitarnos tempo. Son ladróns de tempo, os homes grises dos que falaba Michael Ende en ​Momo​”, comentou.

“Uns queren que volvamos a 2010 e outros a 2014”, indicou o rexedor, quen fixo un repaso por moitas das actuacións postas en marcha naqueles anos contra os intereses da cidade por parte dos e das súas gobernantes. “Naqueles anos, A Coruña e a súa comarca perderon 15.000 empregos. Moitas persoas nesa cidade perderon a súa vivenda. Naqueles anos, os que gobernaban facíano para eles, para os seus intereses. Non se acordaron de nós, da cidadanía, da xente do común, até que lles quitamos o poder hai catro anos”, salientou.

Para exemplificar a falta dunha política pensada no ben común e na xustiza social os pasados mandatos municipais, Xulio fixo referencia á situación do transporte público na cidade. “Cando collades o bus, lembrade que entre 2007 e 2015, cando gobernaban uns e a outros e nolo uitaban todo, subiron o billete un 33%. Non coñezo ningún autónomo, ningunha traballadora, ningunha pensionista, ao que lle subisen os ingresos un 33% daquela. A Marea Atlántica foi o primeiro goberno que baixou o prezo e que fixo o transporte gratuíto para os e as menores de 13 anos. É por estas cousas que teñen ganas de botarnos”, explicou.

Xulio comentou que a romaría que se celebra no Paseo das Pontes representa a pluralidade dunha Coruña diversa que, ademais, aposta polo medio ambiente e polos espazos verdes. Nunha formación que non ten padriños, o alcalde quixo agradecer o traballo feito polas persoas voluntarias da Marea Atlántica. “Persoas que representan A Coruña. Sen elas esta cidade aínda seguiría gobernada polo partido máis corrupto de Europa. Grazas a elas, tamén este 26 de maio, como hai catro anos, en todas as casas haberá unha romaría”, dixo.

“Cando un vota por medo e gaña, sinte alivio. Eu sentín alivio o 28 de abril, e sei que moita xente nesta cidade o sentiu tamén”, dixo Xulio. “Pero cando un vota con confianza e gaña, o que sinte é a satisfacción de ser parte dun proxecto, parte dos acertos e dos desacertos, dos cambios e das dificultades. Estamos ante unhas eleccións clave para A Coruña. E imos votar sen medo, con confianza. Porque somos valentes e porque temos dereito a votar en positivo. E ese é o voto verdadeiramente útil: o voto cara adiante”, engadiu. “Sei que o partido é desigual e non temos padriños, pero a nosa forza é a xente. A Coruña é unha cidade capaz de cousas extraordinarias. Demostrémolo o 26 de maio”, indicou.

A romaría Vivir na Coruña, que se manterá até as 18.00 horas, conta con diversas actividades, dende un xantar popular que contou con alimentos de proximidade, até obradoiros de cometas, contacontos e actuacións musicais. Contra ás 17.00 horas, o ex-deputado Marcelo Expósito presentará o seu libro ​Discursos plebeyos.​

Mitins en Nostián e Matogrande

Por outro lado, esta tarde está previsto que o alcalde, acompañado doutras integrantes da candidatura, protagonice dous encontros coa veciñanza de Nostián e de Matogrande. O primeiro terá lugar ás 18.00 horas da tarde no parque de Nostián e o segundo na praza Henrique Mariñas, de Matogrande. Alí, Xulio fará un repaso polo feito nestes catro anos e polo que se desenvolverá nos vindeiros catro da man da Marea Atlántica.

Nos próximos catro anos, o goberno da Marea apostará por seguir a fomentar oencontronasprazaserúasdacidade.TaménenMatogrande. No solo dos antigos depósitos da rúa Carlos Martínez Barbeito habilitarase unha área de xogos para diferentes idades, protagonizada por unhas pistas multideporte, e na zona verde da rúa Federico García, na contorna da residencia de maiores, instalaranse novos bancos e mobiliario urbano que permita un maior contacto coa natureza. Ademais, seguiremos mellorando a iluminación do barrio, que contará cun novo espazo para o encontro veciñal.

Sen dúbida unha das iniciativas que máis impacto terá no barrio e na cidade será a unión de Matogrande e Ofimático a través do enlace pola rúa Juan Díaz Porlier, sobre as vías do tren, que dará resposta a unha demanda histórica. Somos conscientes de que o Ofimático é un novo barrio que precisa dunha serie de equipamentos que favorezan a vida nel, así como a dos barrios veciños. Por iso, no vindeiro mandato, o goberno da Marea Atlántica rematará as obras de urbanización que faltan (arredor dunha gran praza central con vexetación) e o barrio contará cunha nova escola infantil municipal, que se acollerá á nova tarifa gratuíta de 0 a 3 anos que o Concello implantará a partir do ano 2020. O Ofimático tamén será un barrio para o deporte, e contará cun novo pavillón polideportivo a carón da avenida de Monelos.

En Nostián, o alcalde repasará as principais actuacións previstas para o vindeiro mandato, e que entroncan co proceso de dignificación e posta en valor dos núcleos tradicionais posto en marcha pola Marea Atlántica.

No vindeiro mandato, o Concello continuará coa renovación dos servizos no subsolo, nos treitos de rúa que seguen ás xa renovadas. Estrearase a nova beirarrúa que se está a construír entre a entrada ao núcleo e a subida ao polígono de La Artística, unha demanda histórica da veciñanza que por fin será unha realidade, e introduciranse melloras no percorrido, coa incorporación de novos puntos de luz e creando un novo espazo de estacionamento no seu extremo. Esta intervención mellorará o acceso ás naves da contorna pero, sobre todo, dotará o barrio dun percorrido seguro para chegar camiñando ao núcleo, que se reurbanizará. A dignificación de Nostián tamén pasa pola posta en valor da súa historia, neste caso a arqueoloxía castrexa, polo que se crearán percorridos do entorno de Cocho da Vella e Monte dos Castelos.

Tamén está previsto que este ano acométanse actuacións de ampliación de arborado, así como se finalice a intervención na rede de pluviais. Tamén se renovará o parque infantil do barrio, dando cumprimento a un mandado da cidadanía recollido nos Orzamentos Participativos. Nestes momentos tamén se está a levar a cabo unha intervención historicamente solicitada pola veciñanza da zona, como é a renovación completa do pavimento da calzada na estrada de Nostián, entre a nave de Carpinterías e a entrada de Repsol Butano.

A %d blogueros les gusta esto: