Exposición 07/05/2015

Xulio Ferreiro felicita aos museos por abrirse á cultura popular

by Victor Lamela

A Fundación Luis Seoane acolleu este sábado, 4 de xullo, a inauguración da exposición V​iaje al centro de Subterfuge.​A presentación da mostra, que poderá visitarse no espazo coruñés até 6 de setembro, contou coa participación do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, ademais de Carlos Galán, director e fundador da compañía discográfica, de Nonito Pereira, responsable de producción, e de David Barro, director da Fundación Seoane.

unnamed 2

O alcalde coruñés louvou a traxectoria de Subterfuge, exemplo de “traballo feito de abaixo a arriba”, xa que comezou sendo un fanzine para convertese nunha discográfica que foi unha referencia xeracional e en moitos campos. Tamén agradeceu a súa labor á Fundación Luis Seoane “por abrir os museos á cultura popular e as manifestacións máis creativas”.

“Esa visión coincide co modelo que queremos para A Coruña, que quere ser popular pero sen caer no elitismo”, explicou o rexedor.

Ferreiro destacou ademais que a exposición o toca de forma persoal, xa que escoitou moitos dos grupos que están representados na mostra de Subterfuge ao longo da súa vida e acudiu a moitos dos seus concertos.

 

Pola súa banda, David Barro quiso agradecer ao novo Goberno municipal o seu “compromiso” coa Fundación Luis Seoane.

A exposición

A exposición realiza un percorrido pola historia da mítica compañía discográfica a través dunha selección de obra gráfica en diferentes formatos: cartelería, iconografía, obxectos singulares, así como a proxección permanente de videoclips das bandas que forman ou formaron parte do seu catálogo como é o caso de Dover, Anni B Sweet, Fangoria, Vinila Von Bismark, Neuman, Marlango, Los Eskizos, Corizonas, The Killer Barbies e moitas máis.

En total, máis de 500 pezas a disposición do público, que poderá experimentar a sensación de estar nas oficinas de Subterfuge, viviendo en primeira persoa a evolución destes xa máis de 25 anos de historia, ligado ao crecemento dos grupos de música independente do Estado.

A %d blogueros les gusta esto: