Uncategorised 22nd mayo 2019

Xulio Ferreiro: “O 26 de maio escollemos entre dúas formas de facer goberno, a do Conde de Fenosa ou a de quen cumpre a palabra e vai derrubar o viaduto da Rolda de Nelle”

by Victor Lamela

O alcalde e candidato á reelección, Xulio Ferreiro, manifestou este mércores que o vindeiro domingo, 26 de maio, a cidadanía da Coruña terá que escoller entre dúas formas de facer goberno que quedan perfectamente exemplificadas en tan só 750 metros de distancia. “Temos que escoller entre quen aposta sempre polos mesmos, os que teñen na mochila desfeitas urbanísticas como o edificio Conde de Fenosa, cuxa licenza ilegal case provoca a creba do Concello, e a xente de palabra, a da Marea Atlántica, que prometeu demoler o viaduto da Rolda de Nelle e vaino cumprir”, evidenciou.

Así se manifestou ao longo dun paseo na contorna do viaduto, previo á súa reunión con membros da comisión veciñal que levaba décadas reclamando a demolición desta infraestrutura. “Para nós esta obra, que xa temos en licitación, non só é unha actuación de xustiza, senón que tamén é o exemplo claro de que na Marea Atlántica somos xente de palabra. Os distintos gobernos que foron pasando por María Pita ao longo dos anos, todos, socialistas e populares, prometeron que tirarían esta infraestrutura que tantas molestias causou á veciñanza, pero ninguén o fixo”, dixo, para recordar as promesas incumpridas con outros equipamentos, como é o caso do pavillón deportivo do Castrillón, que será rematado polo goberno de Xulio Ferreiro. O alcalde recordou o traballo realizado este mandato polo goberno da Marea Atlántica para posibilitar o derrubo do viaduto de Nelle, unha obra cun orzamento de 1,2 millóns de euros, que tamén comportará a humanización de toda a contorna do cruzamento coa avenida e Arteixo, ademais da introdución do carril bici na zona e a mellora dos equipamentos no espazo público.

Por outro lado, o primeiro edil lamentou que o PP “trate unha vez máis de enlamar á campaña electoral e aproveite todos os recursos procesuais para facer que, dous días antes das eleccións, unha concelleira da Marea acuda a un xulgado a declarar nas dilixencias previas dunha investigación preliminar que parte dunha denuncia da señora Rosa Gallego”. Así se referiu ante o feito de que este venres, Claudia Delso acudirá, por vez primeira, a declarar ante o xulgado no marco da investigación aberta a raíz dunha denuncia do PP, que denuncia un presunto delito de prevaricación na cesión dos usos da antiga cárcere provincial a un colectivo sen ánimo de lucro. “Esta declaración tiña que terse producido o pasado 1 de marzo. Se se tivese feito nese momento, a estas alturas xa non habería investigación, como xa ocorreu con outras denuncias do Partido Popular que non foron máis que intentos de difamar a este goberno”, evidenciou. “Non obstante, o PP decidiu, tres días antes, ampliar a denuncia para forzar un aprazamento”, dixo. De feito, o xulgado aceptara pospoñer a declaración até xuño, para non influír nas eleccións, se ben o PP volveu recorreu esta decisión.

“Independentemente da data, alégrame que Claudia poida ir a explicarse ante a xuíza xa que até agora non tivo oportunidade. Se sacar un concurso público para a cesión dun espazo a unha entidade sen ánimo de lucro que vai realizar actividades socioculturais é prevaricación… Creo que a maioría da poboación xa sabe que todo isto non responde máis que a unha manobra política do PP para desprestixiar a unha persoa e a un goberno que quere recuperar espazos para a cidadanía, non especular con eles”, resolveu.

Mitin no Ventorrillo

Por outro lado, esta tarde, a partir das 20.00 horas, o alcalde e candidato á reelección participará nun acto de campaña no barrio do Ventorrillo, que terá lugar na praza Mosteiro de Cis e no que dará conta das medidas que a Marea Atlántica ten pensado realizar nesta zona e nas súas proximidades no vindeiro mandato. No acto, no que intervirá tamén o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda e número 3 da lista, Xiao Varela, Ferreiro explicará as propostas destinadas á mellora da calidade de vida no barrio. No ámbito do espazo público, a Marea Atlántica acometerá a reurbanización da rúa Alcalde Liaño Flores, na que

se ampliarán as beirarrúas e se incorporará natureza no percorrido a carón dos centros escolares. O carril bici tamén chegará ao barrio do

Ventorrillo

coa

extensión

da

rede

por

Isaac

Peral.

Esta

acción

complementarase coa instalación dunha nova estación de Bicicoruña

xunto ao centro de saúde. Ademais, daráselle continuidade á mellora das

circulacións na contorna do centro de saúde, reordenando a avenida de

Fisterra e coa

creación

dunha glorieta na intersección das rúas Alcalde

Salorio Suárez e Alcalde Jaime Hervada, que facilitará o

calmado do tráfico desta última no seu punto de cambio de rasante. Tamén se mellorarán as condicións de seguridade no camiño a pé cara á Silva e Penamoa coa construción de beirarrúas nesta senda, que terá tamén mobiliario urbano.

No primeiro ano do mandato, o goberno da Marea Atlántica executará ademais dúas actuacións derivadas dos Orzamentos Participativos como son o traslado e mellora da área de xogos infantís dentro da praza Salvador de Madariaga, que terá un circuíto biosaludable e novas zonas de descanso, e a recuperación dos camiños tradicionais nos lugares da Silva e Cances, así como da fonte lavadoiro no alto de Cances.

A %d blogueros les gusta esto: